martes, 17 de febrero de 2026

ENTROIDO PARTE 1

      A semana pasada tivemos un pouco de festa no Rosalía. Como xa sabedes, a causa deste tempo tan chuvioso foi imposible culminar a semana entroideira co desfile polas rúas de Padrón (que se realizará se o tempo o permite o venres 20). Polo tanto o venres 20 de febreiro será a xornada final coa que pecharemos o Entroido 2026 facendo un desfile interno no centro escolar para contemplar os disfraces de todos/as os alumnos/as do cole, a continuación desfilaremos polas rúas de Padrón (se non chove) e finalmente teremos a nosa habitual merendola conxunta en infantil. Aproveito para recordarvos que nesta ocasión, a nosa aula "A Pementeira" é a encargada de traer as cousiñas para compartir coas outras dúas clases (non é preciso traer moita cantidade, pensade que é como se cada pementeiro/ativese que invitar a dous compañeiros/as máis, máis ou menos para calcular cantidades, non se trata de traer un montón de cousas que despois non se comen e hai que tiralas, ou se estropean ou caducan).

     E, en espera da auténtica celebración cos nosos disfraces do Proxecto Blablalandia, aquí vos deixo algunhas imaxes desta semana, con disfraces de temática libre.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTROIDO PARTE 1

      A semana pasada tivemos un pouco de festa no Rosalía. Como xa sabedes, a causa deste tempo tan chuvioso foi imposible culminar a sema...