O mércores 25 de febreiro tivemos unha divertida experiencia xa que fomos ao teatro A Salle, en Santiago de Compostela, para disfrutar dun auténtico espectáculo, a ópera para nenos "Hansel e Gretel" representada pola compañía Ferro Teatro.
Os días previos estivemos contando o conto e falando un pouquiño sobre el. Gustoulles escoitalo e resulta curioso que os contos tradicionais que teñen bruxas, ou lobos por exemplo, soen atraer neste grupo. Ás veces prestan máis atención a estes relatos clásicos que a outros máis actuais. Parece que esas figuras tan típicas que se repiten neses relatos (as bruxas, os monstros, os lobos, os bosques escuros etc.), esa diferenciación tan clara entre o bo e o malo, e a superación final do conflicto, a victoria da bondade frente a maldade, todo isto axuda aos peques a afrontar os medos desde a seguridade da súa casa e a ter a tranquilidade de que as cousas malas se superan. Esto é algo que está moi estudiado, non é unha opinión miña e se vos apetece ler un artigo breve sobre a importancia dos chamados contos de fadas, déixovos este enlace no que poderedes comprobar como pedagogos e outros autores (Chesterton, Bruno Bettelheim, Steiner, María Montessori) explican cuestións interesantes que poden axudarnos a comprender por que aos cativos/as lles gusta escoitar relatos clásicos.
https://lasara.es/blog/educacion/son-buenos-para-los-ninos-los-cuentos-clasicos/
Os pementeiros e pementeiras estaban emocionados/as desde primeira hora da mañán, cunhas ganiñas evidentes de subirse ao bus e coller camiño para Santiago. A paciencia escasea nesta clase e houbo que recordar normas, ir ao baño, facer fila e xa con todo organizado chegou o momento de iniciar a viaxe.







































No hay comentarios:
Publicar un comentario