O xoves 19 tivemos a sorte de coñecer ao piragüista paralímpico Adrián Mosquera. Adrián é un rapaz que ten moito que ensinarnos a todos. Cando era un neno aínda tivo un accidente e perdeu unha perna. Malia ese feito desafortunado e inxusto, el non deixou de facer cousas. Iso é a resiliencia da que tanto se fala. El demóstranos a todos que a nosa cabeza é o máis importante, que podemos superar moitas cousas na vida e que si quremos e poñemos esforzo, ganas, interese, tempo e motivación podemos acadar moitos éxitos. Adrián non deixou de facer deporte e de entrenar, a pesar da súa "discapacidade" (e poño discapacidade entrecomiñado porque, para min, claramente, non é discapacitado, ben ao contrario, ten unha alta capacidade, xa quixéramos a maioría de nós llegar, con dúas pernas, á metade do que logrou el cunha soa, verdade?) continuou loitando e chegou ata os Xogos Olímpicos. No 2020 converteuse no primeiro piragüista galego en participar nuns xogos paralímpicos. Aínda que Tokio 2020 estivo marcado pola pandemia, Adrián defíneo como «algo que non ten comparación no mundo do deporte». «Creo que quedou na metade do que ía ser, pero aínda sendo a metade foi unha experiencia inesquecible», lembra. Nos Xogos paralímpicos de París 2024, Adrián rematou en segunda posición na Final B.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
domingo, 22 de febrero de 2026
UNHA VISITA OLÍMPICA:O PIRAGÜISTA ADRIÁN MOSQUERA
Adrián contounos como se sentía competindo nos Xogos Olímpicos, primeiro en Tokyo sen xente (xa que se celebraron en plena pandemia), como era a Vila olímpica, díxonos que se desprazaban en coches sen conductor... Despois, en París sentiuse abrumado ante un público numerosísimo que el non esperaba. Resaltou a importancia de ser compañeiros dentro dun equipo, de aprender a competir de xeito sano intentando superarse a un mesmo pero apreciando tamén os éxitos dos rivais, do valor de loitar polo que che gusta facer, da importancia de ser perseverante e disciplinado no que queres conseguir xa que sen esforzo é imposible logralo, tamén nos recordou que hai máis deportes que o fútbol (así que hai que animarse a practicalos ou polo menos a velos como público), ensinounos a mascota dos xogos paralímpicos (cunha prótese nunha perna como el mesmo ten), contounos que entrena 3-4 horas todos os días (excepto domingos), que está estudando e preparándose tamén para cando teña que deixar a competición e, de feito, xa é entrenador..
Grazas, Adrián, por adicarnos uns minutos do teu tempo nesta visita ao Rosalía! Foi todo un pracer escoitarche así como toda unha lección de vida, de actitude, de entrega cara un obxectivo. Parabéns pola túa traxectoria e por todo o que aínda tes por diante. É un orgullo para Galicia que rapaces coma ti estén demostrando o que valen e o que se pode facer aquí.
Sabemos que estes nenos e nenas de infantil aínda non teñen a madurez suficiente para comprender todo isto, pero as mestras de infantil pensamos que coñecer a Adrián era unha oportunidade que non podíamos deixar pasar. De todo o que podemos e intentamos cada día ir sementando nas mentes destes cativos/as, seguro que algo ou moito irá xermolando co tempo. Xa que se fala tanto da educación en valores, escoitar a este deportista é unha demostración práctica do que é medrar con valores, e personas coma el deben estar en contacto cos nenos e nenas desde pequenos/as porque son todo un exemplo vivo. Por todo isto, de novo: MOITAS GRAZAS, Adrián!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
UNHA VISITA OLÍMPICA:O PIRAGÜISTA ADRIÁN MOSQUERA
O xoves 19 tivemos a sorte de coñecer ao piragüista paralímpico Adrián Mosquera. Adrián é un rapaz que ten moito que ensinarnos a todos. C...
-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...

No hay comentarios:
Publicar un comentario