jueves, 12 de febrero de 2026

O ANIVERSARIO DE ANDER

    E seguimos celebrando aniversarios. O día 11, mércores, tocoulle o turno a Ander que agora xa é un mozo de 4 anos. El estaba muy contento e emocionado e o resto dos nenos e nenas tamén xa que sempre están dispostos/as a celebrar un cumple. Ademais nesta ocasión houbo outra sorpresa xa que a avoa de Ander veu de visita e trouxo un biscoito cunha pinta espectacular. Xa imaxinades que con ese aroma na aula tivemos que celebrar pronto o cumple para degustar a torta canto antes (e hai que dicir que quixeron repetir e só sobraron unhas migallas).

   Ander puxo todo o seu empeño en apagar as candeas, non foi fácil pero el mantivo a concentración, colleu aire e soplou e soplou como se fora o lobo dos Tres Porquiños. A continuación escoitou como  todos/as lle cantaban o "feliz cumpleanos" e lle adicaban un aplauso.












    E chegou o momento de degustar o biscoito caseiro que xa vos digo que estaba delicioso, para desmaiarse do ben que sabía. Non sobrou nin un cachiño pequeno.




















     Mirade que divertidos/as estaban cos seus sombreiros seguindo as mandas do Meco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

O ANIVERSARIO DE ANDER

    E seguimos celebrando aniversarios. O día 11, mércores, tocoulle o turno a Ander que agora xa é un mozo de 4 anos. El estaba muy conten...