O luns 23 de febreiro fixemos unha sinxela actividade para recordar a figura da escritora galega Rosalía de Castro. Primeiro estivemos vendo imaxes da súa casa, A Matanza, aquí en Padrón, lemos uns poemiñas curtos de Rosalía, vimos imaxes dela, da súa familia e tamén ilustracións con máis cores...
No noso cole temos tamén unha imaxe desta escritora galega e padronesa rodeada de elementos moi presentes na natureza galega propios da súa poesía.

E así quedaron os marcapáxinas de camelias.
Algúns nenos e nenas ata se animaron a poñer unha R de Rosalía pola parte de atrás.




No hay comentarios:
Publicar un comentario