lunes, 23 de febrero de 2026

ENTROIDO PARTE 2

    Por fin, esta concatenación de borrascas que nos perseguía rematou e o venres 20 celebramos o día grande do Entroido. Todos os peques chegaron cheos de enerxía positiva perfectamente ataviados cos seus disfraces relacionados comundo da fantasía que se desprende dos contos, os poemas e a tradición oral en xeral. No mundo de Blablalandia habitan lobos, cazadores, porquiños, tartarugas, fadas dos libros, carapuchiñas, pitiños, piratas, leóns enmascarados, gatos con botas, tgres e ata un Wally perfectamente caracterizado  ao que podíamos xogar a atopar como facemos nos seus libros. 
   O primeiro de todo foi saudar e admirar os diferentes disfraces, botar unhas risas e empezar a recoller as diferentes viandas que apotaron os pementeiros/as para a posterior merendola conxunta cos compañeiros/as das outras aulas de infantil. E aproveito para agradervos a todos/as  a vosa colaboración, houbo comida dabondo para todos e de feito repuxemos varias veces comida nas mesas (imos poñemos pouco a pouco para que non se estropee moita comida e tratamos de que haxa cousas variadas en cada mesa para que non coman só os gusanitos, que sempre triunfan). Despois sacamos as primeiras fotos cos disfraces e xa nos preparamos (despois de ir ao baño) para o pequeno desfile interno no patio cuberto. A continuación saímos de aventura polas rúas de Padrón.











 

































































































































 






































































 





Día de moita festa, moita risa, moita comida, moito xogo e moita imaxinación. Viva o entroido en Blablalandia!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTROIDO PARTE 2

     Por fin, esta concatenación de borrascas que nos perseguía rematou e o venres 20 celebramos o día grande do Entroido. Todos os peques c...