Hoxe é o aniversario da primatóloga JANE GOODALL, unha muller admirable que adicou a súa vida a coñecer aos chimpancés e defendelos por encima de todo. Naceu un 3 de abril de 1934 no Reino Unido e, cando era pequena, regaláronlle un boneco dun chimpancé que conservou toda a súa vida; xa nese momento despertou o seu amor polos animais e polos primates en concreto. As amizades da súa nai miraban aquel xoguete horrorizadas pensando que era feo e desagradable e que lle ía provocar pesadelos. ¡É curioso como o que non nos gusta a nos, ou non comprendemos, automáticamente pensamos que é malo e fai dano!
Moi xovenciña viaxou a África, onde pasou a maior parte da súa vida, e xa empezou a estudiar a vida social e familiar dos chimpancés. Púxolles nomes, observou que se abrazaban e daban bicos, que se facían cóxegas e que, ás veces, estaban tristes. ¡Resulta que os chimpancés son moi parecidos a nos!
Aquí vos deixo algúns vídeos sobre esta muller e sobre África.
Na columna da dereita do blog, podedes ver un aparatado chamado ¡A xogar! no que atoparedes un quebracabezas dun chimpancé que podedes ir modificando para facelo máis sinxelo ou máis complexo. ¡Disfrutade!
Se queredes descargar algunha actividade impresa sobre Jane Goodall, clicade abaixo onde pon DESCARGAR DOCUMENTO
Se queredes descargar algunha actividade impresa sobre Jane Goodall, clicade abaixo onde pon DESCARGAR DOCUMENTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario