jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

    Hoxe é un dos meus días favoritos do ano: o DÍA DO LIBRO.  Porque eu sempre digo que os libro son os nosos mellores amigos, sempre teñen cousas que contarnos, sempre nos acompañan, podemos recurrir a eles en todas as ocasións, despertan en nos emocións de todo tipo, lévanos de viaxe a calqueira lugar deste mundo real ou a mundos imaxinarios ou fantásticos... Cóstame imaxinar un mundo sin libros. E hai tantos que me gustan e me parecen indispensables que elixir un é imposible para mín. E vos, ¿tendes un libro favorito? Ide pensando niso e mentres tanto propóñovos unha adiviña e un reto ao mesmo tempo...
     Mirade, onte fixen unha recreación da portada dun libro que seguro que moitos/as de vos coñecedes. Pois ben, móstrovos dita recreación e fágovos dúas preguntas a ver se alguén entra no xogo:


   

   1.- ¿Sabedes que conto é o que ten esta portada?
  2.- ¿Atrevédesvos a recrear a portada de algún conto que vos guste?
   


    

    Hai que decir que as señoritas Critina e Violeta foron raudas e veloces e adiviñaron que a portada que recreaba era a do conto "A casa da mosca chosca". ¡Parabéns chicas! Vexo que sodes boas coñecedoras dos libros como a min me gusta.



    

     Agora a ver quen me  envía algunha recreación dunha portada dun libro para conmemorar este peculiar día do libro 2020.

   Hoxe é un día para leer pero aínda así quero mostrarvos un fermoso corto que nos fala de todo o que eu trataba de explicarvos antes, a importancia que teñen os libros nas nosas vidas: Os fantásticos libros voadores. Disfrutádeo!

Día del Libro 2015 | Feliz dia del libro, Frases dia del libro ...

7 comentarios:

  1. 🤩🤩🤩 x aqui din, A casa da mosca chosca!!! Que xusto o leemos onte🤔

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bravooooooooo! Esa é, "A casa da mosca chosca". Agora hai que animarse a recrear algunha portada de conto para seguir xogando. Feliz día do libro!

      Eliminar
  2. Que chulo Teté!!! encántanme estas recreacións das personaxes dos contos, e co que me gustan os contos e os libros a ver se podo facer algo para participar. Unha aperta e Felíz Día do Libro!!!

    ResponderEliminar
  3. Genial Teté, encantanos, estanos dando moito xogo no grupo dos Sementeir@s!!!

    ResponderEliminar
  4. Moi divertido!!!! 🌹🌹🌹🌹

    ResponderEliminar
  5. xa recibín algunhas cousiñas ben divertidas por certo! Alégrome de que o pasedes ben, a verdade é que eu tamén me rin moito facendo de mosca chosca! Grazas por recoller a proposta e a disfrutaaaaaar!

    ResponderEliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...