miércoles, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

    Hoxe é 29 de abril: o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA. Así que non hai máis remedio. ¡Hoxe toca bailar, bailar e bailar!.
   Cada ano, con motivo desta celebración, un personaxe relevante do ámbito da danza fai un comunicado, un manifesto explicando a importancia da danza, o valor que ten nas nosas vidas, a relevancia da danza como medio transmisor de emocións, de cultura e de irmandade entre as persoas.

Maqoma: Dance is a powerful way to comment    Este ano, o manifesto correu a cargo de Gregory Vuyani Maqoma, un bailarín sudafricano que entre outras cousas di:
  " A danza é liberdade"
  "Todo o que precisamos e só bailar ¡un pouco máis! "

   Maya Angelou dixo outra cousa ben fermosa e profunda sobre a danza: "Todo no universo ten ritmo. Todo baila"

     No ano 2015, o Manifesto do Día da Danza fíxoo o bailarín español Israel Galván e dixo algo moi similar ao expresado por Maya Angelou:
   " É que vexo a xente movéndose ao camiñar pola rúa, cando pide un taxi, movéndose á súa maneira, co seu estilo.¡Todos están bailando! ¡Non o saben pero todos están bailando! Gustaríame berrarlles: ¡hai xente que aínda non o sabe!, ¡Todos estamos bailando!"
     Así que esa a mensaxe de hoxe: necesitamos bailar, é importante bailar ao noso estilo, sin complexos, sentindo a música, expresándonos con liberdade. mostrándonos como somos, cada un diferente e cada un único. 
  ¡DISFRUTADE DO DÍA DA DANZA!


  E agora é o momento de ver o vídeo que elaboramos algúns alumnos/as do cole, algunhas mamás e algunhas profes para celebrar este día tan bonito, aínda que sigamos confinados. ¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS OS QUE VOS ANIMÁSTEDES A PARTICIPAR! Foi un pracer elaborar esta montaxe e a miña pretensión é só que o pasedes ben véndoa e que vos entren moitas ganas de bailar.

   Creo que sobra dicir que todos os nenos e nenas están espectaculares, ¿ou non?
    E agora tamén vos deixo dúas curtametraxes ben bonitas relacionadas co tema do día: a primeira é unha historia emotiva, profunda, chea de valores e ensinanzas titulada "Tamara" sobre unha nena sorda que quere ser bailarina. E a segunda é unha historia creada a partir da composición "Rhapsody in blue" de George Gershwin. 




Deséxovos un inolvidable Día da Danza!!!

 

11 comentarios:

  1. Que bonito Teté🥳🥳🥳!!! Feliz dia di danza💃💃💃

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa sabedes, hoxe non podemos esquecernos de bailar! Grazas por participar!!! Bicos para as artistas!😘😘😘

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Que ben👏👏👏!!!mola🥰 xa sabedes tod@s a disfrutar e deixarse levar polo baile e a música, que pasedes un bo día!!💃🕺👯‍♀️👩‍🎤

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que si! Feliz Día da danza 2020! E a bailar sempre! Grazas por participar! Bicos!

      Eliminar
  4. Feliz día da danza!!!!! Que bonito!! E como non hoxe toca bailar!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a disfrutar dun bailarín Día da Danza! Grazas por participar!!!! Bicos!

      Eliminar
  5. Que pasada de video Teté. Noraboa outra vez pola montaxe. Acabarás toda un profesional do tema. (Ja, ja). Como sempre me pasa, emocionadaaa!!!
    E decir que estou totalmente de acordó co manifesto. Para min o baile é LIBERDADE. Cando bailo, a sensación de que os problemas se alivian e a alegría multiplicase. Eu non concibo a vida sen o baile, diría que para min é unha parte fundamental (igual xa te deches conta, a estas alturas ... Ja, ja, ja)
    Feliz día da danza
    E BAILADE MOITO, BAILADE SEMPRE

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por participar, unha vez máis! E a bailar para espantar as malas vibracións, os medos e as penas! Bicos!

      Eliminar
  6. Quedou moi bonito Teté!!!
    Parabens a tod@s @s bailaríns/bailarinas!!!👏👏👏
    FELÍZ DÍA DA DANZA!!!💃🕺👯🎶

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por suposto o importante foron as colaboracións dos/das artistas!!! Grazas por participar!

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...