lunes, 27 de abril de 2020

¡VIVAN OS CONTOS!

    Aínda que xa pasou o Día do Libro, imaxinaredes que o que vou dicir é que cada día do ano ten que ser o día do libro, cada día temos que disfrutar lendo, temos que sentir e emocionarnos lendo, temos que aprender lendo, temos que viaxar lendo, temos que soñar lendo...
   Hoxe teño un conto ben bonito para contarvos e para propoñervos algunhas  cousiñas pero iso será dentro dun pouco. Agora imos poñer as solucións das portadas dos contos que me chegaaron e que están super ben feitas.







Cocorico (colección O): Amazon.es: Nuñez Alvarez, Maria Luisa ...







Caperucita Roja" de los Hermanos Grimm en Cuentos Inolvidables en ...













Diario de Infantil 4 años: LA TORTUGA QUE QUERIA DORMIR




    Grazas a todos os que vos animástedes a recrear unha portada dun conto. Encantáronme todas! Realmente  me costaría decidirme por unha en particular e se, polo menos, botástedes unhas risas como fixen eu facendo de mosca chosca, entón xa considero que foi un éxito total. 
     Aproveito esta entrada para compartir convosco dous traballiños que me mandan Valentina (de 4 anos) e Carlota (de 5 anos A). Mirade que chuladas! Valentina estivo traballando o  OP-ART de Vasarely facendo a súa man en 3D. Xenial!
    E Carlota fixo o seu propio círculo cromático pero dun xeito moi práctico, deixando que as cores primarias se vaian mesturando elas mesmas pouco a pouco empregando vasiños con auga, colorante e papel de cociña por exemplo. Este experimentoé moi interesante porque non so se comproba que mesturando as cores primarias obtemos as secundarias, senón porque podedes comprobar o fenómemeno da capilaridade, é decir que a auga "ascende" empregando o papel como "camiño" para chegar ao outro vaso. ¡Noraboa Carlota!


   Buscando un personaxe interesante para poñer no noso recuncho de "Personaxe do día" atopei que un 27 de abril de 1891 naceu o compositor, pianista e director de orquesta Serguei Prokofiev. Púxenme toda contenta e dixen: ¡que ben, hoxe celebramos o aniversario do creador da magnífica obra musical "Pedro e o lobo"!
Ver las imágenes de origenPorque a min encántame Pedro e o lobo e sempre procuro empregar esta fermosa historia coa súa emocionante música nas miñas clases.  Eu teño unha preciosa versión en cómic deste relato debuxado por Miguelanxo Prado que é realmente bonita. En fin, o que pasou a continuación é que púxenme a ler cousiñas de Prokofiev e atopei que en realidade naceu un 23 de abril. O caso é que agora xa pasou o 23 de abril, que por certo foi o Día do Libro. Pero non pasa nada, recordámolo hoxe que seguro que por uns días non se enfada con nos. O importante é disfrutar coa súa música. Así que na columna da dereita podedes clicar no "Personaxe do día" e accederedes á narración musical de Pedro e o lobo. 

  E agora vou preparar o vídeo do conto para poñer xa canto antes no blog e o poidades disfrutar  (como disfrutei eu léndoo)...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...