Hoxe celebramos o aniversario do pintor, escultor e ceramista Joan Miró que naceu en Barcelona un 20 de abril de 1893. Miró foi coñecido principalmente polas súas pinturas surrealistas e soe gustarlle moito aos nenos pola simplicidade dos seus debuxos, con liñas negras intensas e o uso de cores planas e moi chamativas (principalmente o vermello, o amarelo e o azul que son as cores primarias). Seguro que todos coñecedes a Miró e as súas obras. Aquí vos deixo uns vídeos sobre este artista e unhas animacións moi curiosas feitas a partir das súas pinturas. Espero que vos gusten.
E xa que falamos de cores primarias (tamén no cole o explicamos nalgunha ocasión) vou aproveitar para compartir convosco un vídeo no que vos explico como podedes facer un CÍRCULO CROMÁTICO sinxeliño no que partindo das tres cores primarias, vermello, amarelo e azul, podemos obter tres cores secundarias, laranxa, verde e violeta. Seguro que moitos de vos xa o sabíades pero no caso de que non o reordárades, pois aí volo deixo. Espero que non vos resulte moi aburrido.
Próximamente contareivos "A verdadeira historia das cores" un relato moi divertido sobre as cores, e tamén vos explicarei que son as cores complementarias. ¡Quizá algúns xa o saben!
E aproveito xa esta entrada para agradecervos a todos os que me estades enviando vídeos de nenos e nenas bailando en solitario ou co resto da familia para elaborar a montaxe do Día da Danza. ¡GRAZAS! Se queredes enviar algún máis, animádevos que aínda teño tempo de engadir cousiñas.
Por outra banda. tamén teño que compartir aquí a man en 3D que fixo Carlota (de A Sementeira, 5 anos A) coa súa mamá, emulando o OP-ART de Vasarely que lle quedo moi ben. E as fotos facendo yoga de Mateo (3 anos) co seu irmán Dani (un ex-pementeiro que xa está en primaria e que era un auténtico yogui, e vexo que sigue séndoo) Bravo campeóns!
Que bonito e entretido o circulo cromático...poñemonos mans a obra!!! Que man mais chula Carlota🤩 e que relaxados se ven Dani e Mateo!!!
ResponderEliminarVos sempre con ganas de facer cousas! Así da gusto propoñer actividades! Parabéns por esa actitude tan positiva!!!!!👏👏👏😘
Eliminar