Hoxe quero mostravos algunhas cousiñas que os nenos e nenas me están mandando respondendo a algunha das miñas propostas no blog. Quero darlle as grazas ás familias que se están animando a compartir aquí algunhas das actividades que fan porque é unha bonita maneira de seguir en contacto a pesar desta situación de confinamento. Grazas e parabéns por todo o que estades facendo.
Bruno (5º Infantil), en colaboración coa súa irmá Aitana, fixo un artístico debuxo dun río que como o Xallas ten unha fermosa cascada que se precipita entre as rocas baixo un intenso sol amarelo. ¡Parabéns, chicos!
Erik Vázquez (5ºInfantil) tamén respondeu á miña proposta sobre os ríos e ademáis de facer un precioso debuxo do río Sil discurrindo entre os espectaculares canóns que tanta xente vai visitar e disfrutar, tamén fixo unha rima super chula...
SE UNHA VISTA ESPECTACULAR QUERES CONTEMPLAR,
O CAÑON DO SIL TES QUE MIRAR,
E SE A VENDIMIA QUERES AXUDAR,
COSTA ARRIBA E COSTA ABAIXO TES QUE CAMIÑAR.
Erik Vázquez (5º infantil)
E Cristina (6ºInfantil A, "A Sementeira") , según me conta a súa mamá, está fascinada con África (o cal como xa vos imaxinaredes me fai moi feliz) e estiveron vendo cousiñas sobre Jane Goodall e se animou a colorear este simpático chimpancé.
Que cousiñas bonitas!!! A seguir traballando peques🥰
ResponderEliminarBravo chic@s👏👏!!!
ResponderEliminar