miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

 
   Hoxe, 22 de abril, celebramos o DÍA DA TERRA. Xa sabedes todos/as o importante que é que coidemos o planeta porque, verdadeiramente, estámolo tratando bastante mal desde fai moito tempo. Producimos un exceso de basura que contamina os ríos, bosques e mares, empregamos combustibles dunha maneira  constante provocando o aumento da emisión de dióxido de carbono o que fai que o planeta se requente... por todo isto estamos xerando un cambio climático que parece ser a orixe de moitos desastres naturais que se están a producir. É importante que intentemos cambiar certos hábitos cotiáns e que respectemos a natureza porque nós somos unha parte dela e precisámola para sobrevivir.
     Pero para empezar o día con algo de ritmo, aquí vos deixo unha canción moi animada sobre a importancia de coidar o planeta.


    E agora anímovos a visitar una páxina moi interesante da NASA cun montón de información interesante. Para os máis peques hai un apartado moi lúdico e cheo de curiosidades, ,chamado SPACEPLACE que seguro que vos encanta. Clicade no logo da NASA para acceder.
SPACEPLACE

 En Spaceplace  podedes atopar explicacións sobre que son os tsunamis ou os terremotos, as galaxias ou as estrelas fugaces... e tamén vos explica por exemplo por qué o ceo é azul. Acordádesvos que falamos das cores o outro día cando fixemos o círculo cromático? Falamos de que un raio de luz que nós percibimos como transparente en realidade é a suma de todas as cores do Arco daVella, ese raio de luz descomponse nesas sete cores cando atravesa un prisma (ou as gotiñas de auga)...
Ver las imágenes de origen
   A luz móvese en ondas, as ondas da luz azul son máis curtas que as de luz vermella por exemplo e iso fai que se dispersen máis cando os raios do sol chegan á atmósfera e por iso percibimos  o ceo de cor azul. 
   E falando de cores, un tema que me encanta, como imaxinaredes, teño que mostrarvos o fantástico traballo que fixeron Cristina e Violeta pintando o seu propio círculo cromático. Deixáronme coa boca aberta!!! Parabéns artistas!




E outra cousiña máis, outra alegría nesta mañán de mércores en que celebramos o Día da Terra, Carlota e a súa familia fixeron un fermoso cartel cunha frase de Charles Chaplin para poñer na porta da súa casa. ¡Qué boa mensaxe para calqueira día do ano! Parabéns por ese traballo.



3 comentarios:

  1. 👏👏👏👏👏si señor, preciosa frase!!!🥰

    ResponderEliminar
  2. Gran traballo rapazas!!!!! 💖💖💖💖💖

    ResponderEliminar
  3. Da gusto velos facer as cousiñas con tantas ganas👏👏👏👏!!!
    Encántanos os círculos cromáticos chicas!!!

    ResponderEliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...