Aquí estamos de novo empezando esta atípica semana de Pascua. Hoxe levanteime con ganas de música, de ritmo, de retos e de xogos así que vos propoño un divertimento musical que consiste en cantar unha canción moi sinxeliña e acompañala con percusión corporal. A canción titúlase BIM BUM BIDDY BIDDY BUM.
Déixovos o vídeo que fixen hoxe pola mañán coa explicación deste reto musical e a continuación outro vídeo que é unha guía visual cuns paxariños que vos van marcando o ritmo. Podedes facelo en solitario ou en parella. ¡É moi divertido! Animádevos a facelo e se vos apetece podedes gravarvos (aínda que sexa so un cachiño pequeno, o que queirades, non ten porque ser toda a canción). Como a velocidade vai aumentando a medida que a canción avanza, os nenos/as máis pequenos/as poden facer a primeira parte e os maiores a parte final, ou ir probando cada un o que mellor lle sae. Se non podemos saír da casa, polo menos podemos pasar un rato divertido. ¡A disfrutar!
Espero que disfrutedes con este xogo e xa me contaredes.
Ohhh!!! Gusta gusta!!! A probar 👏👐🤞
ResponderEliminarDesexando vervooooooos! Veñaaaa ritmooooo!
Eliminar