lunes, 6 de abril de 2020

XOGO MUSICAL

   Aquí estamos de novo empezando esta atípica semana de Pascua. Hoxe levanteime con ganas de música, de ritmo, de retos e de xogos así que vos propoño un divertimento musical que consiste en cantar unha canción moi sinxeliña e acompañala con percusión corporal. A canción titúlase BIM BUM BIDDY BIDDY BUM.

   Déixovos o vídeo que fixen hoxe pola mañán coa explicación deste reto musical e a continuación outro vídeo que é unha guía visual cuns paxariños que vos van marcando o ritmo. Podedes facelo en solitario ou en parella. ¡É moi divertido! Animádevos a facelo e se vos apetece podedes gravarvos (aínda que sexa so un cachiño pequeno, o que  queirades, non ten porque ser toda a canción). Como a velocidade vai aumentando a medida que a canción avanza, os nenos/as máis pequenos/as poden facer a primeira parte e os maiores a parte final, ou ir probando cada un o que mellor lle sae. Se non podemos saír da casa, polo menos podemos pasar un rato divertido. ¡A disfrutar!



Espero que disfrutedes con este xogo e xa me contaredes.


2 comentarios:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ROCK´N´ROLL CON PAKOLAS E PALABRAS FERMOSAS

          ¡Viva o roc´n´roll! Cómo nos gusta a música! Onte, mércores 15 de maio, visitamos a Fundación Camilo Xosé Cela para disfrutar dun ...