Un cómic é un relato feito con debuxos en viñetas sucesivas e pode levar texto ou non. Cando eu era pequena normalmente falábamos de "tebeos" e agora, pola contra, a expresión máis empregada é a de "banda deseñada". E ¿a que ven todo isto? Pois resulta que un día coma hoxe, un 22 de maio de 1907, naceu en Bélxica, Hergé, o creador das aventuras de TINTÍN e MILÚ.
¿Coñecedes a Tintín? Pois é un intrépido reporteiro que viaxa a moitos lugares do mundo co seu can Milú para solucionar enigmas e misterios.
Na banda deseñada o debuxo é moi importante, a través das imaxes imos vendo o que ocurre na historia, como as secuencias dunha película e para indicar o que din ou pensan os personaxes empréganse "bocadillos" ou "globos". A dereita podes ver os tres tipos de bocadillos ou globos máis empregados nunha historieta gráfica como as de Tintín. O primeiro emprégase cando os personaxes falan normalmente. O segundo recolle os pensamentos e o terceiro indica que o personaxe está berrando.
Hai moitos cómics, historietas, tebeos ou bandas deseñadas moi divertidos, así que podedes animarvos a ler algún. pero como hoxe lle estamos adicando a xornada a Hergé e á súa creación, Tintín, podemos xogar a crear a nosa propia historia con este intrépido reporteiro e o seu can.
Ben, aquí vos deixo unhas imaxes de Tintí e Milú. A proposta é:
1.- Imprimir e colorear os debuxos.
2.- Imaxina o que está ocurrindo en cada imaxe. Eu plantéxovos algunhas preguntas en cada debuxo a modo de pistas ou suxerencias para encamiñar a historia. Podedes partir desas preguntas ou simplemente imaxinar vos o que ocurre. Debuxa un globo ou bocadillo como os de arriba e escribe o que están decindo, pensando ou berrando os personaxes.
3.- Fai un debuxo ou varios debuxos, viñetas, co que ti pensas que ocurre despois.
4.- Crea a túa propia historieta cun personaxe inventado por ti.
1.- Tintín vai preparado co necesario para escalar unha montaña. ¿Qué montaña escalará? ¿Qué buscará nesa montaña?
2,. Tíntín e Milús están correndo. ¿Por qué? ¿Crees que teñen prisa por facer algo, ou estarán escapando? ¿A onde queren chegar? ¿Quen os persigue?
3.- Milú está moi feliz. ¡Mira que expresión de alegría ten na cara! ¿Qué está mirando? ¿Qué é o que observa que o pon tan contento?
4.- Tintín está moi ocupado con tantos libros e escribindo algo. ¿Qué está facendo? ¿Qué busca nese montón de libros? ¿Estará investigando sobre algún enigma ou terá un examen no cole?
E se queredes coñecer un pouco máis a Tintín, por suposto o importante é ler as súas aventuras pero se agora mesmo non é posible, podedes velas en Youtube (aínda que eu penso que é mellor lelas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario