E hoxe é o momento perfecto para falar de cores. Fai xa bastantes días que vos dixen que vos ía contar "A verdadera historia das cores" pero foron xurdindo algunhas cousas que tamén quería compartir no blog, e fun deixando en espera esta entrada. Así que chegou o momento. Cando fixemos o círculo cromático vimos as cores primarias (azul, amarelo e vermello) e as secundarias (violeta, verde, e laranxa).
Pois ben, hoxe imos ver cales destas cores son complementarias. É moi sinxelo. se mirades o círculo cromático, as cores complementarias son xusto as que están enfrente unha da outra. É dicir, o verde e o vermello son complementarias, o azul e o laranxa son complementarias e o amarelo e o violeta son complementarias. A cor complementaria de cada cor primaria é a mestura das outras dúas cores primarias.
As cores complementarias cando as colocamos unha ao lado da outra danse forza, as cores parecen máis intensas e iso permítenos empregalas para expresar emocións máis fortes nas pinturas, para atraer a nosa vista.
Moitos pintores empregaron esta técnica de empregar as cores complementarias xuntas para destacar certas partes da pintura, para resaltar algunhas personaxes ou transmitir emcións máis fortes. Mirade estas obras e buscade onde están as cores complementarias xuntas ou cerca para darse forza.


"Xogar" coas cores, ver como se inflúen unhas ás outras é moi interesante. Agora déixovos dous vídeos para que os vexades cando vos aetezca. No primeiro explícovos todo esto das cores complementarias. E o segundo é a naración do conto "A verdadeira historia das cores" un fermoso libro para todos os nenos e nenas amantes da pintura.

E si queredes pintar algunhas obras de arte empregando cores complementarias aquí vos deixo algúns debuxos... Pero podedes practicar con calqueira imaxe ou debuxo voso...


Con estes debuxos, moito máis sinxelos podedes probar as distintas combinacións de cores. Se empregades os contrastes con cores complementarias, seguramente as pinturas chamarán máis a atención, serán máis intensos Pero ao mellor esa intensidade non vos gusta e preferides pintar con tonos menos contrastados que, seguramente, farán que os debuxos sexan máis relaxantes. ¡Veña, a xogar coas cores!
No hay comentarios:
Publicar un comentario