Un día coma hoxe, 1 de xuño, pero do ano 1851, nacía Isaac Peral, o home que inventou o submarino con propulsión eléctrica.
Aínda que demostrou que era un invento útil e necesario nese momento, o seu proxecto foi rexeitado. Como vedes non sempre as cousas que están ben feitas ou supoñen avances importantes son valoradas polos demais. O seu submarino quedou abandonado nun arsenal. Por sorte non foi desguazado e uns anos máis tarde convertiuse nun monumento na cidade de Cartagena. E desde 2013 pódese visitar no Museo Naval desa cidade.
Algo que podemos aprender de Isaac Peral é que, a pesar de non ter apoios, el nunca abandonou o seu proxecto e conseguiu realizalo contra vento e marea. Non llo recoñeceron, e rexeitaron sacalo adiante aínda despois de comprobar que cumplía os obxectivos propostos por Peral, pero el logrou os seeus obxectivos e iso é algo digno de admiración.
E despois de cantar con Lucrecia e coñecer un pouco máis a historia de Isaac Peral cos lunnis, invítovos a cantar "Yellow Submarine" (Submarino amarelo) con The Beatles.
¿Coñeces as partes dun submarino? A ver se eres capaz de completalas neste debuxo...
E si vos gustan os submarinos, non deixedes de ler un fantástico libro de aventuras de Julio Verne titulado "20000 leguas de viaxe submariño" que narra as aventuras do Capitán Nemo no Nautilus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario