Empezamos a semana con movemento, ritmo, baile e enerxía positiva. Hoxe movemos o corpo cunha canción moi animada que nos invita a bailar, saltar, xirar e, tamén, conxelarnos. Sí, hai que facer o que nos mandan na canción:
- Dance: Bailar
- Hop: saltar, botando como unha pelota.
- Skip: saltar sobre un pé cada vez (como cando saltamos á comba)
- Twirl: xirar
- Freeze: quedamos conxelados na postura que coincida nese momento (podemos xogar a ver quen aguanta sin moverse na postura máis divertida)
¿Queredes intentalo? Pois veña, aquí está o vídeo, ¡a moverse!
E agora, outro exercicio de ritmo e percusión corporal.
E, por último, outro exercicio moi divertido de ritmo e moita concentración: SOCO, BATE, VIRA. É un pouquiño máis complicado porque vai aumentando a velocidade, como en "Bim, Bum, Biddy, Biddy, Bum" ¿recordades?. Non importa se non sae ben no primeiro intento, é lóxico. O divertido é probar, intentalo, practicalo e co tempo ir conseguindo interiorizar os movementos e o ritmo ata lograr facelo perfecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario