martes, 2 de junio de 2020

DISEÑANDO MASCARILLAS

    Parece que teremos que facernos á idea de que as mascarillas van ser parte da nosa indumentaria habitual, verdade? Xa sabedes todos/as, seguramente, que o uso de mascarillas é obligatorio en persoas de 6 anos en adiante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calqueira espazo cerrado de uso público se non é posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de 2 metros polo menos.
  Eu non sei se vos xa experimentástedes esa sensación de saír á rúa coa mascarilla. Certamente non é moi agradable pero agora temos que pensar que o primeiro é a saúde e a seguridade, así que temos que usala. Pois ben, mirade, hai algúns protagonistas de obras de arte que tamén están xa mostrándonos a importancia de levar mascarillas...




 




    Pois ben, hoxe a miña proposta é que diseñedes unha mascarilla persoal, que a decoredes ao voso gusto. Xa que temos que usala polo menos imos levar algo máis divertido. ¡Ollo! non estropeedes as mascarillas auténticas porque recordade que teñen que ser seguras e protexernos. Facede o voso diseño en papel e despois teríamos que preguntar si é posible plasmar ese deseño nunha mascarilla de verdade.
   Eu xa fixen o meu diseño e agora estou esperando a ver se podo conseguir a miña mascarilla lavable auténtica. Xa vos contarei se o logro. Elexín uns símbolos ADINKRA (símbolos africanos da zona de Ghana e Costa de Marfil) e que non só elementos decorativos senón que teñen significados completos, transmiten mensaxes, proverbios, cnceptos relacionados coa sabiduría popular e tradicional africana. Parece que Adinkra era o nome dun rei de Gyaman que foi capturado e levado a Kumassi, a capital do reino Ashante. O territorio do rei Adinkra foi anexionado ao reino Ashante eposteriormente eses símbolos empezaron a plasmarse en telas.
    Estes son os principais símbolos Adinkra, como vedes representan o coñecemento, a forza, a adaptabilidade, a enerxía, a liberdade e emancipación, a pacificación, a armonía, a intelixencia, o poder do amor, a creatividade, a paz, a transformación, a unidade na diversidade, o universo, a cooperación, a seguridade, o liderazgo, a natureza...

     Eu elexín tres destes símbolos: o da adaptabilidade porque agora temos que adaptarnos a unha nova situación, a novas normas de relación social, ao uso de elementos de protección e hixiene... o da transformación porque temos que transformarnos e transformar os nosos hábitos e formas de vida para poder vencer a este virus... e o da enerxía porque aínda que estemos pasando por un momento complicando, temos que ter enerxía para seguir facendo cousas, aprendendo e disfrutando.


   Como vedes empreguei a cor vermella, primeiro porque é a miña cor favorita e segundo porque o uso das cores nestes símbolos, na roupa e na decoración africana tamén ten moito significado. A cor vermella significa vitalidade, é o sangue da vida, a enerxía, a saúde e a creatividade. Todo isto fainos falla agora, a que sí?
     Veña, quen se anima a personalizar a súa mascarilla? Mandádeme as vosas ideas. Ao mellor en setembro temos que ir con mascarilla ao cole así que podemos pensar e facelas máis divertidas...

   E agora, aproveito para mostrarvos as últimas tarefas que me enviou Carlota. Primeiro estivo practicando a percusión corporal coas tarxetiñas que aparecen na entrada do 18 de maio (As figuras musicais) e despois fixo unha preciosa máscara africana para conmemorar o seu día. ¡Parabéns Carlota! As tarefas están moi ben e os sorrisos aínda mellor. ¡Esa é a actitude! Facemos cousiñas disfrutando.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...