Hoxe nova proposta de exercicio, movemento, estiramento e resistencia!!!!!. Imos traballar un pouco de todo. No vídeo que hoxe comparto con todos vos veredes que trato de estirar ben a miña espalda, os brazos e as pernas. Tamén traballo un pouco o equilibrio, a resistencia de pernas e brazos e exercito os abdominais.

Mirade o vídeo, intentade repetir cada exercicio, ide contando en cada posición ata 5 por exemplo, e mañán podedes repetilos contando ata 10 (aumentando pouco a pouco o tempo de realización de cada rutina). Por certo, mamás e papás podedes practicar cos peques. Os máis pequenos/as tamén o poden intentar, non pasa nada se non aguantan ben o equilibrio ao principio ou non estiran completamente. Trátase de ir probando e de ir mellorando coa práctica.
Nalgúns exercicios emprego unha pelota e unha cadeira. Coas cousas que temos na casa podemos facer variacións nalgúns exercicios.
Aproveito xa esta entrada para mostrarvos os traballos que fixeron Violeta e Cristina sobre o submarino. Da gusto ver o concentradas que están traballando e o satisfeitas e felices que mostran a súa tarefa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario