Pois hoxe imos falar un pouquiño das abellas. E ¿por qué precisamente das abellas? Pois moi sinxelo. Co gallo da conmemoración do Día do Medio Ambiente e o Día dos Océanos, estivemos falando da BIODIVERSIDADE. ¿Recordades esa palabra? Seguro que si.
A biodiversidade ven sendo o conxunto de especies vexetais e animais que viven nun espazo determinado. En cada lugar hai unha serie de plantas e animais que se desenvolven alí en relación ao clima da zona, ás características do terreo, a cantidade de auga, a temperatura etc. Todos eses animais, plantas e organismos que viven nese lugar están relacionados entre sí xa que uns se alimentan dos outros, ou medran á súa carón, ou o precisan para outras funcións vitais. Por exemplo, vouvos contar unha historia moi curiosa...
¿Sabedes como manteñen os seus dentes limpos os cocodrilos? Pois eles non teñen un cepillo de dentes coma nos, así que precisan a axuda dun pequeno animaliño que se chama PLUVIAL. É un paxariño que se mete na boca do cocodrilo e come os restos de comida que lle quedaron entre os dentes. Así que é como si fora o seu dentista particular.

¿Vedes? Os dous animais, tan distintos entre sí, colaboran e se necesitan un ao outro. O cocodrilo podería pechar a boca e comer ao pluvial pero non o fai porque necesita que os seus dentes estén limpos e sanos. O pluvial fai ese traballo de limpeza para o cocodrilo e así ten a súa comida sempre lista. Ademais o pluvial fai outra labor para o cocodrilo, xa que lle avisa co seu canto cando se acerca algún perigo. Por certo, ao pluvial Tamén se coñece co nome de CHORLITO, e non sei se vós sabedes que, ás veces, empregamos a expresión "cabeza de chorlito" cando lle queremos dicir a alguén que non pensa moito as cousas, que é un pouco insensato. Quizá esa expresión deriva do feito de que o chorlito, ou pluvial, se mete na boca dun cocodrilo e por iso supoñemos que é un pouco irreflexivo. Pero agora sabemos que sabe o que fai, que ten unha especie de acordo ou trato co cocodrilo e que ambos se axudan mutuamente.

Historias coma esta demostran a importancia da biodiversidade, cando se rompe esa "cadea de favores" entre os seres vivos, todo se desmorona e cae, unha especie desaparece e todos os seres vivos que estaban relacionados con esa especie tamén están condenados a desaparecer.

Se queredes coñecer unha fermosa lenda dos indios Cherokee sobre as abelles, invítovos a ver o seguinte vídeo. ¡Espero que vos guste!
¿Queres aprender algo sobre as abellas ao mesmo tempo que bailas un twist? Pois escoita esta canción.
E que tal se cantades tamén "in English, with these bees"?
E se queres xogar un pouco podes elaborar unha abella de papel, resolver estes sudokus, fabricar un memory de animais, atopar o camiño correcto nun laberinto....


No hay comentarios:
Publicar un comentario