miércoles, 17 de junio de 2020

¿INVENTAMOS UNHA HISTORIA?

   Hoxe temos que poñer a traballar a nosa imaxinación. Así que imos inventar historias divertidas, fantásticas, terroríficas, ecolóxicas, emotivas, cómicas, realistas, increíbles... como máis nos gusten. Calqueira historia é válida. Do que se trata é de inventar, crear, imaxinar...
   ¿Cómo o imos facer? Pois imos empregar unha técnica divertida na que o azar tamén ten o seu papel, imos xogar cuns dados que nos van proporcionar os datos básicos para compoñer o noso relato.
   Aquí vos deixo os dados. Primeiro haberá que construílos, claro.








   Unha vez construídos os dados, podemos empezar a xogar. Empregamos o número de dados que queiramos. Cantos máis empreguemos, máis datos teremos para inventar o noso relato. Así que podedes xogar con tres ou catro dados ou lanzarvos e xogar con todos eles. Tirades os dados e os debuxos que salgan (personaxes, obxectos, clima, animais...) serán os protagonistas e elementos diversos que deben aparecer na vosa historia.
   Vouvos poñer un exemplo. Eu tirei os meus dados e saíronme os seguintes elementos.
  •   un papaventos
  •   un barco
  •   un astronauta
  •   un feiticeiro
  •   unha abella
  •   un raio
  •   un home tocando a guitarra
  •   unha fada
  •   unha árbore para plantar

  Agora teño que inventarunha historia na que aparezcan todas estás cousas. A ver o que sae:

   Había unha vez unha pequena abella que buscaba unha árbore para facer a súa colmea. Como non a atopaba  e xa estaba cansa de tanto voar pediulle axuda a unha fada que pasaba por alí. A fada estaba moi ocupada porque ultimamente tiña que axudar a moita xente a solucionar os seus problemas empregando os seus poderes máxicos, así que lle recomendou que visitase a un feiticeiro que vivía no bosque. A abella que como xa sabedes estaba cansa de voar preguntoulle:
-¿E, como vou chegar ao bosque con cansa que estou, que xa me doen as ás?
E a fada respondeulle:
-Pois mira, engánchate nesta cometa que agora co vento que fai seguro que chega ao bosque nun vira-vira.
A abella enganchouse no papaventos pero o vento era tan forte que  abella non era capaz de manexar o seu medio de transporte persoal e pasou voando polo bosque a toda velocidade e, mentres o feiticeiro miraba cara arriba abraiado, colleu altura e foi subindo e subindo, atravesou unha tormenta esquivando un raio amenazante que case destroza o papaventos e chegou finalmente a un lugar estraño. A abella non sabía onde estaba. Baixou do papaventos e, entón, un astronauta coa súa escafandra achegouse a ela e díxolle:
-Pero ti, abella, ¿como é que chegastes aquí á Lúa neste papaventos? Na miña vida tal cousa vin!
A abella non podía creer que chegara á Lúa e dixo:
- Pois eu non sei, señor astronauta, eu subín ao papaventos porque quería ir ao bosque a pedirlle axuda a un feiticeiro para poder atopar unha árbore onde facer a miña colmea, e empezou a soplar un vento moi forte  e o papaventos empezou a subir e subir e aquí estou. E a verdade, eu aquí árbores non vexo. A ver agora onde podo construír a miña colmea...
O astronauta quedou un pouco calado, pensativo e díxolle.
- Non te preocupes. Dentro dunha semana eu teño que volver á Terra porque xa remato a miña misión aquí. E mira que casualidade, levo na Lúa 6 meses estudando como cultivar árbores aquí e conseguín que algúns medraran un pouquiño no meu invernadoiro lunar. ¡Ven que chos mostro!
 A abella e o astronata foron as árbores que estaban alí medrando e a abella descubreu nun recuncho unha árbore pequeniña que acababa de ser trasplantada pero parecía un pouco incómoda alí na Lúa. Quedou mirando para a pequena árbore, observando as súas follas e entón o astronauta díxolle:
- Abelliña, vexo que esta árbore che gusta. Estou pensando que non parece moi feliz aquí. ¿Gustaríache que voltara con nos para a Terra e que a plantáramos alí para que ti poideras facer a túa colmea?
   A abella pensou que esa unha idea fantástica. ¡Non podía estar máis feliz!
   E así o fixeron. Voltaron á Terra. o astronauta plantou a árbore no seu xardín. A abella fixo alí a súa colmea e, cada noite, cando o sol se ocultaba e aparecía a Lúa, o astronauta saía ao xardín, sentábase á beira da súa árbore, collía a súa guitarra e tocaba as cancións máis fermosas que coñecía. A abella saía da súa colmea e disfrutando da música voaba rítmicamente arredor do seu amigo.
 E colorín, colorado este conto está rematado.

 Pois agora, podedes inventar vos as vosas historias. o importante é imaxinalas e crealas pero si, ademais, vos animadas a compartilas aquí no blog, iso xa sería xenial!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...