Os seres humanos estamos atacando a BIODIVERSIDADE de moitas maneiras, coa deforestación deixamos a moitas especies de animais sen un lugar para vivir e poñémolos en perigo de extinción, coa contaminación provocamos un quentamento do planeta, enchemos os mares de plásticos e con todo isto, de novo, provocamos a morte de animais e plantas diversas... Moitos científicos e expertos nestas cuestións xa nos están avisando que a pérdida da BIODIVERSIDADE está provocando o aumento de certas enfermedades como o caso que estamos a vivir agora mismo co coronavirus.
Así pois máis que nunca, temos que cambiar a nosa maneira de vivir, reflexionar sobre cómo podemos respectar esa biodiversidade para que o noso medio ambiente nos permita vivir máis sanos. Temos que convertirnos en gardiáns do planeta, como nos di esta canción.
E agora escoitade as cousas que vos conta Dani sobre os animais que están en perigo de extinción e qué podemos facer para coidar a natureza.
Se queredes investigar máis sobre os animais que están en perigo de extinción podedes clicar na imaxe de abaixo para acceder a unha páxina moi interesante que vos explica moitas cousas.
Elexide o voso animal favorito e facede unha pancarta cun debuxo dese animal no seu hábitat (o mar, a selva, a sabana, o bosque, o río, o deserto, o pantano...) e un "slogan" do tipo: "Salvemos aos animais", "Coidemos a biodiversidade" ou algo semellante que se vos ocurra.
Se queredes rexistrar as vosas aprendizaxes sobre animais, podedes facer unhas fichas como as que aparecen a continuación cos datos básicos do animal que estedes estudando.
E hoxe, 5 de xuño, tamén é aniversario de Federico García Lorca. Para recordalo a el e xa que estamos a falar de animais, aquí vos deixo un dos seus fermosos poemas titulado "O lagarto está chorando" ¿Animádesvos a aprendelo de memoria? ¿ou a escribilo e ilustralo? Veña! sorprendédeme.
¡FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario