O venres falamos do medio ambiente e a importancia da BIODIVERSIDADE. Hoxe é importante reflexionar sobre a importancia de coidar os nosos mares e océanos. A contaminación, en especial o plástico que enche as augas de xeito tremendamente preocupante, o quentamento do planeta que fai que as augas tamén se quenten, os xeos se derritan e o nivel do mar suba, a pesca excesiva, o tráfico mariño ...todo isto está facendo que moitas especies de animais estén en perigo de extinción.
Agora que estamos empregando tanto as luvas e as mascarillas, ademais xa da cantidade de plásticos que día tras día usamos, temos que reflexionar sobre a nosa responsabilidade na contaminación dos océanos. Greenpeace iniciou unha estupenda campaña para recordarnos que non debemos tirar ese tipo de residuos en calqueira lugar porque o mar comenza xa nas nosas cidades desde o momento en que os sitemas de desagües e alcantarillados rematan no mar. Algúns concellos están apoiando esta iniciativa pintando avisos coma estes nas súas alcantarillas. ¡Recordade, o mar comenza nas nosas cidades! ¡Coidade o mar! ¡Os animais mariños estarán agradecidos! ¡Se eles morren, nós tamén!
Aquí podedes ver algúns animais mariños en perigo de extinción (clicade na imaxe para acceder).
E si queredes facer algunha actividade para conmemorar hoxe o Día os Océanos, e para recordar a importancia de coidar a BIODIVERSIDADE, aquí vos deixo algunha idea, pero xa sabedes que a vosa imaxinación é o máis importante así que podedes crear os vosos debuxos e pancartas, manualidades ou xogos, para facer fincapé na necesidade urxente de coidar o noso entorno natural.
E, como sempre, a poesía está presente na aula Baobab. ¡A ver quen disfruta máis lendo e memorizando estas fermosas poesías que teñen que ver co mar!
FELIZ DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario