Un 21 de maio de 1471 nacía en Nüremberg o xenial pintor Alberto Durero. É un pintor que eu admiro moito porque a min encántanme os retratos. Penso que o máis difícil para un pintor é facer un bo retrato porque debe transmitir vida, pensamentos, emocións e iso non é fácil. E Durero pintou un autorretrato que é un dos meus favoritos de toda a Historia da Arte.
A súa firma aparece ao lado esquerdo da súa cara. Empregaba só as iniciais do seu nome e o seu apelido: unha A e unha D. É completamente innovadora, un auténtico deseño, un logo como lle poderíamos chamar hoxe. Durero foi un auténtico precursor.
Durero naceu e viviu en Nüremberg, unha fermosa cidade alemana situada na rexión de Baviera. Esta era a súa casa. Na actualidade é un museo que eu tiven a sorte de visitar e pódese ver como era o estudo no que él traballaba, os materiais e artiluxios que tiña etc.
Durero é moi coñecido polos seus estudos de animais e plantas que debuxaba con moitísima precisión. De feito ás veces chámanlle "o pintor da natureza" por esa capacidade de observación e o detallismo das súas representacións. Unha lebre que debuxou é tan famosa en todo o mundo que ata lle fixeron unha estatua en Nuremberg.
Outro dos debuxos máis icónicos do pintor, inconfundible e supercoñecido é o seu rinoceronte. Detrás deste gravado hai unha historia realmente fantástica, propia dunha novela ou un conto pero que, sin embargo é totalmente certa.
Se queredes ler a historia deste rinoceronte tan famoso podedes facelo nun bonito libro titulado así "O rinoceronte de Durero".
A cousa foi máis ou menos así: O sultán da India regaloulle o rinoceronte a un almirante portugués chamado Afonso de Albuquerque. Afonso levou o rinoceronte para Portugal e chegou a Lisboa un 20 de maio de 1515. Nesas épocas era habitual que os poderosos gobernantes regalaran animais exóticos a outros gobernantes ou personaxes importantes. O rinoceronte viaxou en barco durante 120 días desde Goa (India), atravesando o Océano Indico, bordeando o Cabo de Boa Esperanza e dirixíndose cara o norte polo Atlántico parando brevemente en Mozambique, Santa Helena e as Azores.
Como nunca se vira un rinoceronte en Europa, podedes imaxinarvos que o animal cun ese gran corno no seu nariz, como un unicornio, causou auténtica sensación. O rinoceronte foi vivir a "casa das fieras" do rei Manuel I. Pero a cousa non acabou aí. O rei Manuel I quiso regalarlle o rinoceronte ao Papa León X (que chamándose así non é raro que lle gustaran os animais salvaxes) e velaí que o pobre rinoceronte tivo que volver a viaxar de novo. Outra vez nun barco percorrendo o mundo o pobre rinoceronte chegou a Marsella onde o rei de Francia Francisco I quiso velo Tras a parada reanudaron o seu periplo pero unha forte tormenta fixo naufragar o barco xa en Italia e o rinoceronte morreu afogado. ¡Que triste verdade! Menos mal que co tempo estamos aprendendo a respectar un pouquiño máis aos animais, e a natureza en xeral, e entendemos que non son obxectos para o noso disfrute senón que son seres vivos que teñen dereito a estar no seu hábitat.
Despois diso, o rinoceronte foi disecado pero non se sabe que pasou despois.
Pois ben, Durero non chegou a ver ese rinoceronte. Un mercader que si o pudo ver escribiu unha carta describindo o animal e fixo un boceto sinxelo do animal. Durero a partir desa descripción fixo dous debuxos a tinta e o famoso grabado e hai que recoñecer que para non ver nunca un rinoceronte fixo un debuxoimpresionante.
Podedes xogar en casa a facer debuxos a partir de descripcións de animais reais ou fantásticos. Mamá ou papá poden ir describindo as partes dun animal, o tamaño, a forma xeral, cor etc. so con palabras e vos tendes que tratar de ir debuxando o que eles din. ¡A ver se é fácil facer o que fixo Durero!
A continuación podedes ver máis obras de Durero:
Animádevos a observar a natureza, coidándoa e respectándoa, mirándoa con ollos atentos, e despois intentade debuxala e pintala como auténticos artistas.
Por exemplo, Carlota xusto estivo traballando como Durero observando flores silvestres e debuxándoas. Carlota elexiu dúas: a Flor da pasión e o Dente de León. ¡Mirade que chulada de fotos me mandou para o blog! Veña, facede como ela e mandádeme o resultado das vosas investigacións e os voso debuxos. ¡Encantarame recibilos!
E xa aproveito esta entrada para mostrarvos máis traballiños que mandaron algunhas nenas:
Cris mandou unhas imaxes do seu traballo de hoxe buscando as palabras que riman nun poema. ¡Qué gusto me da ver como traballan estes chicos e chicas de infantil, e con que caras de felicidade!
Paula e Noa tamén se animaron a completar a poesía dos animais que van ao mercado. E Noa, ademais, creou o seu personaxe fantástico e púxolle o seu nome empregando as figuras musicais como na proposta que vos puxen fai un par de días no blog.
E de novo, Carlota acábame de enviar a súa experiencia coas figuras musicais. Igual que fixo Noa, debuxou o seu personaxe fantástico e púxolle o nome facendo a súa combinación persoal de figuras musicais.
¡Parabéns a todas! ¡Fantásticos traballos!
Que guai!!! Como nos gustan las actividades que pone la profe Teté(dito por Carlota)
ResponderEliminarGracias😘
👏👏👏OOOOOHHHHH!!! a mi si que me gusta ver todo lo que hacen estos chicos y chicas de infantil!!! Y Carlota está hecha una campeona, particpando mucho en estas propuestas. Felicidades y gracias, siempre, por visitar el blog y por estar tan receptivas y positivas. Un besazo! y a seguir así!
Eliminar