Hoxe é un día que me gusta moito. 25 de maio: Día Mundial de África. Gústame porque é un día para falar de África, para darlle presencia no mundo no que vivimos, para achegarnos a ese continente tan próximo a nos pero tan descoñecido para a maioría da xente. África non é un país, é un gran contimente con 54 países. África é un continente cheo de historia, de arte, de música, de tradicións, de literatura, de paisaxes impactantes, de animais impresionantes, e sobre todo cheo de homes e mulleres, de nenos e nenas que loitan por saír adiante, por vivir con alegría, por aprender e de aportar a súa intelixencia ao resto do mundo.
Resumir África en cuestións como pobreza, fame, sequía, chozas e safaris é completamente inexacto e totalmente inxusto. gustaríame que hoxe en todas as familias que visitan o blog adicaran un tempo a investigar cousas sobre África, cousas que non sabían antes, cousas que lle sorprenden, cousas que lles fan admirar este continente. Cando coñecemos algo, cando nos acercamos coa mente aberta, con acitude receptiva e con interese a algo é cando empezamos a amalo. ¡Canto me gustaría que empezáramos a respectar e valorar o que é diferente, en lugar de menosprecialo!
Por exemplo, eu vou citar aquí varias cousas interesantes. Non sei se xa as sabíades todas ou non. Podédesme contar se vos sorprenderon, ou se vos averigüástedes outras cousa aínda máis interesantes.
- Parece ser que o primeiro home do mundo tivo a súa orixe en África e desde alí moveuse a outros lugares.
- A montaña máis alta é o Kilimanjaro.
- Hay 9 desertos de area (como o dahara ou o de Kalahari). En Namibia hai un deserto de sal.
- O lago máis grande é o Lago Victoria.
- A cidade máis grande é Johannesburgo, capital de Sudáfrica.
- O elefante africano é o animal máis grande do mundo.
- O animal máis perigoso de África é o hipopótamo. E o máis alto é a xirafa.
- O Nilo é o segundo río máis longo do mundo.
- En África fálanse máis de 1500 linguas diferentes. Aínda así na maioría dos países fálase principalmente inglés, francés (ou mesmo portugués e español) como consecuencia da colonización (os países europeos máis potentes no século XVII apropiáronse do cntinente e repartíronse os países entre eles).
- Das 8 especies de baobabs que hai no mundo, 7 son africanas (6 de Madagascar e 1 do continente) e só unha especie é de Australia.
- Madagascar é a cuarta illa máis grande do mundo. Os lémures considéranse sagrados alí.
- En Sudáfrica hai pingüinos.
Poderíamos pasar o día enteiro coñecendo datos e curiosidades de África, pero o que mías me gustaría é que hoxe investigárades sobre este continente ou sobre un dos seus 54 países e me contárades que cousas vos interesaron máis.
Agotra invítovos a que escoitedes un conto tradicional africano titulado RAFARA, que vexades unha presentación sobre África e que escoitedes e disfrutedes cunha poesía que eu mesma escribín e que normalmente traballo cos mes alumnos (este ano non puido ser, de maneira presencial, pero botei man dos debuxos e os textos escritos por un dos meus grupos de "A Pementeira" que agora xa están en primaria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario