jueves, 14 de mayo de 2020

FLORES SILVESTRES

     Hoxe teño una proposta floral. Quero que vos acheguedes un pouquiño as flores silvestres que podemos observar cada día cando saímos a dar un paseo polo campo. Todo o mundo coñece as flores cultivadas, as flores que se venden nas floristerias e se regalan en ocasións especiais: as rosas, os crisantemos, as orquídeas, os claveles, as dalias, os lirios, as calas... en fin, centos de flores. Pero salpicando os nosos campos hai moitísimas flores que poden pasarnos desapercibidas pero que enchen de cores e de beleza os montes, as beiras dos camiños e dos ríos e os prados.
    Así que invítovos a observar con calma esas pequenas flores, a miralas con paciencia, a pensar cales vos gustan máis, a debuxalas e pintalas e a regalarllas a quen vos queirades. 
     Comparto con vos dous vídeos, un sobre a DEDALEIRA, unha flor que a min me gusta moito e que me trae moitos recordos da infancia; e outro que é simplemente una mostra do meu traballo pintando flores con acuarela.
Cómo cuidar de los Digitalis o dedaleras? Nosotros te lo contamos ;)    Sobre a dedaleira, dicirvos que o seu nome técnico é DIGITALIS PURPÚREA.  DIGITUS é a palabra en latín para Dedo. O nome desta flor deriva de digitus porque a flor ten forma de dedos e ten color púrpura. Por iso se denominou digitalis purpúrea. A traducción máis común é dedaleira. Pero en galego recóllense ata 60 nomes para esta flor: croques, estalotes, estalos, estalocres, seoanes, herbas de San Xoán, abeloura, aveluria, mlicroque etc.
Gifs Animados Hadas 11       En inglés ten dous nomes que a min me encantan: FOXGLOVES (luvas de raposo) e FAIRYFINGERS (dedos de fada)
     A dedaleira é unha planta da que se extrae unha sustancia que parece ser boa para curar certas enfermedades cardíacas pero co hai que ter coidado porque pode ser tóxica e provocar danos. Por iso a nós de pequenos sempre nos dicían. cando xogábamos a estalar croques, que non estivéramos tocando esa planta constantemente porque era perigosa. Como xa sabedes, na natureza hai moitas plantas que se empregan para combatir enfermedades pero tamén sabedes que certas sustancias que nos poden curar en certas ocasións poden ser tóxicas e nocivas si as tomamos en dosis inaxeitadas ou en momentos inapropiados. Pero, non é preciso tocala nin xogar con ela, o que si podemos facer é admirala, observar as súas cores e disfrutala cando paseamos.


Resumindo: a miña proposta de hoxe é a seguinte...
1.- Dade un paseíño polo campo e observade tranquilamente os campos. Podedes sacar fotos.
2.- Buscade flores silvestres. Elexide as que máis vos gusten (pola súa forma, polas cores...)
3.- Debuxade as flores que vos gustan. Podemos empregar ese debuxos como homenaxe a toda a xente que está traballando nestes meses de confinamento para facilitarnos a vida aos demais, empezando polos médicos, enfermeiras e todo o personal sanitario que fai posible que nos hospitais poian atender e curar a tanta xente, os traballadores de supermercados e tendas de alimentación, farmacias, os transportistas, os policías, bombeiros e persoal de seguridade etc.
   Flores para todos/as os/as traballadores/as que día a día saen ás rúas para garantizarnos comida, saúde e seguridade a todos.








2 comentarios:

  1. PAULA está semana trouxo un montón de plantas e como no... A dedaleira foi unha delas porque lle chamou moito a atención e había un montón delas!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué ben! pois a debuxar 😁😁😁 e a aprender cosiñas sobre as flores silvestres que hai moitas e ben bonitas!!!! Grazas pola visita e por compartir cousiñas connosco!

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...