¿Qué faríamos das nosas vidas se non tivéramos arte? Sería moi triste ter que vivir sin música, sin dana, sin literatura, sin pintura, sin escultura, sin teatro... Por sorte, aínda en tempos complicados como os que estamos a vivir, sin poder apenas saír de casa, sin ver aos amigos, sin ir ao parque nin ao cole, aínda así, podemos agarrarnos un pouquiño a esas cousas que nos fan disfrutar, sorrir e sentir emocións positivas.
Como xa sabedes a min encántame pintar, así que hoxe quero propoñervos unha actividade plástica moi sinxela pero moi vistosa.
¿Sabedes o que lles ocurre a certas árbores, como por exemplo os cereixos, na primavera?
Pois isto é o que lles ocurre, mirade...
Pois agora que sabemos que a partir das flores se van formando os froitos que despois nós comemos, ¿qué vos parece se nos poñemos a nosa personalidade de artistas creativos e empezamos a pintar?
¡Adiante, artistivos, digo creatistas, digo artistas creativos, a pintaaaaaaaaaar!
Si mirades este vídeo que vos preparei poderedes facer unha rama de cereixo en flor tan chea de flores, tan fermosa e tan primaveral como a da fotografía que vos mostrei máis arriba.
Agora é o voso turno. Xa sabedes que se queredes mostrarme a vosa pintura, e estarei encantadísima de vela, apreciala e compartila aquí no blog con todos os que nos visiten.
E se queredes contemplar outras obras de arte cheas de flores, de cores, e de vitalidade aquí vos deixo outro vídeo feito con algunhas das representacións de flores, xardíns e árbores en primavera máis representativas da Historia da Arte. Podedes empregar o vídeo a modo de Bits de Intelixencia. Para as mamás e papás que non estén moi habituados a empregar este tipo de recursos (o que é lóxico se non traballades no ámbito da educación), non vos preocupedes, é moi, moi sinxelo. Simplemente consiste en mostrar aos nenos/as imaxes (sobre calqueira tema que nos interese nun momento concreto) de xeito fluído, sen pararse moito e decíndolles o que lle estamos a mostrar (pero sin dar explicacións longas).
Son estímulos claros e breves que despertan cerebro, activan a memoria auditiva e visual, potencian a intelixencia. Axudan a mellorar a concentración, favorecen a adquisición de novo vocabulario e a retención de información.Normalmente móstranse eses estímulos unha vez cada día. Poden ser tarxetas impresas ou como neste caso, imaxes nun vídeo. Así que simplemente teríades que poñerlle o vídeo e decirlle o título e autor de cada obra. E iso facelo durante varios días. Descubriredes o rápido que recordan a información. A partir de aí xa podedes ampliar cousas a gusto do neno ou nena: buscar información sobre a obra que máis lle gustou, buscar máis obras dese pintor, averiguar onde vivía ou onde pintou o cadro, investigar sobre a época na que viviu o pintor etc.

Pasade un bo día e nunca vos esquezades de disfrutar coa arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario