domingo, 15 de junio de 2025

TAREFAS VARIADAS

    Andamos en proceso de rematar tarefas e de preparar o fin de curso. Así que, esta entrada, vai ser un compendio de actividades que imos intercalando no día a día para pechar algunhas cuestións e, por outra banda, seguir disfrutando de cousas que nos divirten e nos axudan a  relaxarnos.

  En primeiro lugar, rematamos o noso friso das Ocas de Meidum e os pementeiros e pementeiras dixeron que lles gustaba moito o resultado. Así que, obxectivo acadado!









 






   Tamén resolvemos dous retos. O primeiro deles xurdeu porque ultimamente falamos moito do Minotauro na aula. Xa era un tema coñecido o curso pasado, pero de novo apareceu en lecturas e conversas e , mesmo, África trouxo un libro que lle acaban de regalar e volvemos ler a historia. No areeiro case todos os días constrúen laberintos (igual que volcáns) así que propuxen que investigaran a ver se atopaban algún laberinto en Galicia. Noel resolveu o reto e tróuxonos unha fotografía do Laberinto de Breogán, un laberinto elaborado con máis de 4000 árbores, no concello de Vilarmaior.

   O segundo reto tiña que ver co xenial compositor  do século XVIII  Wolfgang Amadeus Mozart, autor da emocionante ópera "A frauta máxica". Pois ben, a proposta de investigación consistía en averiguar que paxaro tivo Mozart como mascota. E Indira, Noel, África e Carla descubriron que tiña un estorniño, un ave que é capaz de imitar sonidos de maneira moi precisa e que deixou abraiado a este músico tan xenial.

A continuación fixemos unha actividade impresa sobre este tema.




















    O Proxecto Plumas deixounos moitas experiencias interesantes, pero realmente o nacemento de Kalimero e Kirikú foi algo que nos fixo disfrutar moito e eu quería deixar un recordo de toda a experiencia. Por iso elaborei un vídeo recopilando todo o que fomos vivindo na aula e incorporei fotos e vídeos que me mandaron as familias de Eric e Irea para ver como medraron eses dous pitiños pementeiros. Espero que vos guste! Foi unha experiencia moi enriquecedora!

   Tiña ganas de compartir convosco un vídeo co xogo da "cookie" que lles encanta a estas nenas e nenos, así que chegou o momento e aquí o deixo. Pasámolo moi ben xuntos/as na aula de psico e, despois, tamén disfrutan xogando así no patio.


   Ao longo dos días imos facendo tarefas máis "académicas" por dicilo así, que realizamos na mesa pero tamén hai tempo de xogar nos recunchos, de ler , de facer puzles  e de compartir momentos de charlas, cancións e risas. É certo que hai moito que mellorar no ambiente de aula, pero non me gustaría que só nos quedáramos cos momentos de discusións ou enfados. Este é un grupo moi diverso, con personalidades diferentes, como debe ser, e iso non sempre é fácil de xestionar, pero estamos intentando aprender que, a pesar das nosas diferencias, podemos respectarnos e disfrutar xuntos/as.






















E aínda quedan cousas por contar pero por hoxe creo que é suficiente! Mañán é outro día!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

TAREFAS VARIADAS

     Andamos en proceso de rematar tarefas e de preparar o fin de curso. Así que, esta entrada, vai ser un compendio de actividades que imos...