Aínda que este tercer trimestre estivo cheo de celebracións e parece que só estivemos de festa, tamén é certo que intentamos sacar tempo de onde sexa para traballar un pouquiño: practicar novas grafías, mellorar o cálculo, entrenar a motricidade fina recortando por exemplo, reforzar conceptos... Tamén seguimos investigando no Proxecto Plumas e aprendendo novas cousas sobre as aves.
Manuel contounos que ten na casa un Aguia de Harris e un Guacamayo Azul e trouxo fotos e unhas plumas súper chulas para o avecuncho.
Precisamente un dos últimos retos que puxen tiña relación coas plumas. Había que averiguar como se chama esa parte central da pluma e que é máis dura e ríxida. Aileen averigüou que se chama RAQUIS. Despois fixemos unha ficha escrindo os nomes das partes dunha pluma.
Tamén lles propuxen que investigaran como se chama ese fermoso paxaro de cor azul que sae na canción que tanto nos gusta escoitar polas mañáns e Irea descubreu que se se chama ARRENDAJO AZUL.
Carla trouxo para o avecuncho uns ovos de oca. Son espectaculares, moi brancos e moito máis grandes que os dunha galiña. Metémolos na incubadora porque temos medo de que nos rompan.
E falando de ocas, descubrimos que hai unha fermosa pintura nunha mastaba exipcia, nunha tumba dun rei, un friso que representa unha escea con varias ocas de tres especies diferentes pintadas con tantos detalles que se distinguen perfectamente.
Fixemos unha actividade impresa sobre as "Ocas de Meidum" , investigamos as súas medidas reais (1,73 cm. X 27 cm.) e agora estamos en proceso de realizar na aula unha versión pementeira dese friso a tamaño real. Tivemos que medir o papel, facer o debuxo e agora hai que pintalo. A ver como acaba o proceso.
E xa metidos e metidas no tema das ocas, como na aula temos auténticos ovos detas aves, e como tamén estamos mergullados nas medidas de lonxitude, peso e de capacidade, decidimos averiguar canto pesa máis ou menos un ovo de oca. Así que botamos man da nosa balanza e empezamos a empregar pesas de diferentes valores e así descubrir o peso do ovo. Agora sabemos que 1 gramo non é nadiña, debe ser o peso dunha formiga, nin o notamos na man, pero o ovo de oca pesa máis dun gramos. Canto pesará?
Despois de averiguar que un ovo de oca pesa aproximadamente uns 170 gramos, estivemos facendo bolas de plasti a ver se conseguíamos facer unha bola que pesara o mesmo.
Outras noticias bonitas son as seguintes:
1.- Eric tróuxonos un precioso vídeo de Kalimero que fixeron na súa casa mostrando a súa evolución, de feito agora é todo un señor galo. Como disfrutamos vendo este vídeo! Moitas grazas á mamá de Eric por mandarmo porque está precioso e botamos unhas risas vendo a Kalimero tan grande.
2.- Carla tróuxonos outro vídeo, nesta ocasión dun niño de golondrinas que teñen na casa. Mirade que cousa tan interesante e tan bonita. Moitas grazas á mamá de Carla por mandarme o vídeo para poder compartilo con todos e todas. Encantounos! Aproveitamos para investigar un pouco sobre as golondrinas. Agora sabemos máis ou menos canto miden, canto pesan e que percorren miles de kilómetros cando migran buscando un clima máis suave para elas.





















E aquí seguimos, intentando cada día facer cousas significativas que nos axuden a adquirir novas aprendizaxes. Pouco a pouco imos dando pasos adiante. Ademais das tarefas relacionadas co proxecto, tamén intentamos avanzar noutras cuestións como a lóxica-matemática ou a lecto-escritura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario