viernes, 10 de abril de 2026

TRES ANIVERSARIOS XUNTIÑOS

   O martes foi un día ben completiño: tivemos tres aniversarios xuntos. Por iso decidimos celebralos, por suposto, porque os tres protagonistas viñan ilusionados, pero como era moita comida xunta repartímola entre o martes e o mércores. É certo que non todos os nenos/as o comprenderon e houbo algún que outro enfado pero non me parecía moi adecuado darlles todo xunto o mesmo día porque xa sei que despois acabo tirando comida e iso a min non me gusta nadiña.

   Así que os protagonistas do día, Leo, Israel e Luca, apagaron as candeas, escoitaron a canción de cumpleanos feliz que lle adicamos todos/as e repartiron o seu biscoito e as madalenas (como as madalenas viñan empaquetadiñas de xeito individual e así podían conservarse ben, foi o que deixamos para comer o mércores, e como tamén faltaron nenos ao cole pois tamén llas entragron Luca e Israel ao día seguinte).





















































¡PARABÉNS AOS TRES REIS DO DÍA: LEO, ISRAEL E LUCA!
¡FELIZ ANIVERSARIO!

  E como Luca e Israel estiveron enfermos a finais do trimestre pasado e non puideron vir á celebración de pascua no cole, levaron as súas bolsas cos traballos o martes. Mirade que contentos iban.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TRES ANIVERSARIOS XUNTIÑOS

    O martes foi un día ben completiño: tivemos tres aniversarios xuntos. Por iso decidimos celebralos, por suposto, porque os tres protagon...