martes, 28 de abril de 2026

UN PAPIRO, IOGA E MÁIS PORTADAS

    O venres tivemos a nosa sesión de ioga semanal. Agora imos percibindo moitos progresos e nótase moito cando os nenos e nenas queren intentar facer unha asana ben. Querer e poder. Iso é o máis complexo co que nos atopamos as mestras, convencer aos peques de que intenten facer algo sen medo e asumir que un día non sae ben pero ao seguinte pode ser que sí. Cando damos  eses pasos adiante, cando cada un pon esa vontade en facer algo, é cando progresamos. Animade aos vosos fillos e fillas a facer cousas, a probar, a intentar e a descubrir cousas novas. Eu vexo que cando escoitan e se esforzan e cando chegan á meta e síntense moi ben, orgullosos/as de si mesmos/as e felices polos logros acadados. Despois da sesión de ioga, soltamos tensión, relaxamos musculatura, saltamos e ata practicamos algún ritmo. Cada venres é máis divertido.





















   Estamos traballando un novo poema de Gloria Fuertes que fala de viaxes. Na primeira estrofa di:

 DOMITILO LLEGÓ AL RÍO NILO

MONTADO EN UN COCODRILO

    Así que como imaxinaredes había que falar un pouco de Exipto. En realidade xa saben cousas deste país africano pero agora estivemos vendo algunha curiosidade relacionada dalgún xeito cos primeiros "libros". Non se trata dos libros tal e como os coñecemos agora pero sí dun material que se empregaba no Antigo Exipto para escribir, para recoller información, para escribir oracións, tratados relixiosos, datos económicos ou deixar constancia dos éxitos dun faraón: o papiro. 



   Con esta planta, o papiro, que medra nas beiras do Río Nilo, os exipcios elaboraban un material, similar ao papel, que se chama igual que a planta: PAPIRO. 

   O venres, na Pementeira, estivemos vendo e tocando (os que quixeron, porque varios nenos e nenas non quixeron tocalo) un auténtico pairo exipcio coa imaxe das famosas Ocas de Meydum.






   E hoxe luns, recibimos máis recreacións de portadas dos nosos contos favoritos. A nosa exposición está medrando.











                        

  Como vedes hai moitas familias que se animaron a participar e están saíndo cousas moi divertidas. Os contos sempre logran que pasemos momentos emocionantes. Seguro que aínda haberá máis mostras da creatividade das familias, O noso corredor está quedando moi literario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN PAPIRO, IOGA E MÁIS PORTADAS

    O venres tivemos a nosa sesión de ioga semanal. Agora imos percibindo moitos progresos e nótase moito cando os nenos e nenas queren inte...