lunes, 4 de mayo de 2026

XOGOS NO PATIO, ACTIVIDADES NA AULA E MÁIS PORTADAS

   Aínda que a semana pasada só viñemos ao cole catro días, o que está claro é que os aproveitamos ben. Temos tempo de traballar, de xogar, de recitar poemas e de vivir os contos.

  Estamos aprendendo outro poema de Gloria Fuertes que nos encanta porque fala de viaxes e de lugares marabillosos que seguro que todos/as os/as pementeiros/as visitarán algún día. Mentres facemos actividades impresas poñemos música e, pouco a pouco, imos conseguindo disfrutar da música e facer as tarefas tranquilos/as (non sempre o conseguimos pero cando o ambiente está calmado, dá gusto velos facer as cousiñas mentres cantan e conversan).































    Aproveitando unhas raiolas de sol, fomos ao patio descuberto onde normalmente xogan os maiores para xogar ao balón. Hai bastantes afeccionados ao fútbol e disfrutaron dun partido un tanto peculiar, libre, sen equipos, e no que se trataba de correr, regatear, coller o balón e marcar goles. Foi ben divertido!






























   E xa temos cheo o noso espazo expositor de recreación de portadas de contos. Moitas grazas a todos os participantes. Hai portadas moi divertidas e imaxinativas. Os nosos libros favoritos sempre nos dan alegría e por iso é xenial introducirnos nas historias,meternos nos contos e telos ao noso carón. Non deixedes nunca de ler e disfrutar de fantásticas historias que vos fagan soñar.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

XOGOS NO PATIO, ACTIVIDADES NA AULA E MÁIS PORTADAS

    Aínda que a semana pasada só viñemos ao cole catro días, o que está claro é que os aproveitamos ben. Temos tempo de traballar, de xogar,...