O mércores 13 de maio, os nenos e nenas de educación infantil asistimos a un divertido concerto de Mamá Cabra na Fundación Camilo Xosé Cela. Ás veces na aula escoitamos algunha das súas cancións. Son oi divertidas e no concerto pasámolo moi ben. Houbo tempo de cantar, bailar e rir moito.

E aquí vos deixo un vídeo cos mellores momentos do concertazo.
Os días con música sempre son mellores. Ultimamente, unha das nosas pezas favoritas é o Rondo alla turca, ou Marcha turca do xenial e insuperable Mozart.

No hay comentarios:
Publicar un comentario