sábado, 9 de mayo de 2026

VIAXAR É UN PRACER

 Na Pementeira gústanos moito viaxar. Cos bits de intelixencia xa imos percorrendo diferentes lugares do mundo a través desas imaxes de montañas, animais, obras de arquitectura, escultura e pintura... Tamén grazas a Galopín xa coñecemos algúns lugares, fai tempo xa, como Estambul, Japón, París ou China. Agora ampliamos os nosos horizontes e disfrutamos con esas viaxes a través dos contos, as rimas, as cancións e, como non, os poemas da nosa poeta (como a ela lle gustaba que a chamaran) de cabeceira: Gloria Fuertes.

  Nesta ocasión aprendemos a poesía "Viaxar é un pracer" e gravamos un vídeo recitándoa. Como fago normalmente, pido voluntarios/as para ir logrando que todos/as se vaian animando pero ao seu ritmo propio. Como seguiremos facendo máis gravacións, despois irei intentando que os que non se lanzaron nesta ocasión, o fagan na próxima e que así todos e todas vexan que ben o saben facer e que divertido é verse despois na pantalla grande.

   Pois ben, aquí está o resultado.

  Como vedes, cada día teñen máis soltura, falan con máis confianza e poñen unha entonación máis  intencionada. Quedou moi ben!
  E, de paso que imos traballando no desenvolvemento da linguaxe oral e xogando coas rimas, tamén viaxamos polo mundo coñecendo cidades, monumentos, paisaxes ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMAS TAREFAS DE CURSO

  Pois ben, rematou o curso. Todo pasou voando e estes días foron intensos xa que se agolparon moitas actividades, remate de traballos e os ...