O pasado luns 4 de maio fixemos un sinxelo experimento para "fabricar" cores. As cores primarias, amarela, azul e vermello, poden mesturarse entre elas para obter as cores secundarias.
Para comprobar que novas cores podemos obter, só empregamos uns vasiños con auga, pigmentos e papel absorbente de cociña.
Empezamos poñendo pintura vermella diluída en auga nun vaso e pintura amarela diluída en auga noutro vaso. Despois elaboramos uns "camiños", para que a auga poidese circular dun vaso a outro, con papel absorbente simplemente facendo unhas tiras enroladas. Colocando esas tiras de papel conectando os vasos coa pintura con outro vaso que só contiña auga limpa incolora xa observamos que o papel empezaba a absorver a auga coloreada de cada vaso e así, pouco a pouco as cores vermella e amarela fóronse transmitindo ao vaso central que tiña auga limpa. Nese vaso as cores fóronse mesturando e creando a nova cor.
Os pementeiros e pementeiras estaban emocionados/as esperando a ver que cor xurdía da mestura. A maioría insistía en que ía aparecer a cor púrpura pero penso que non acertaron.
Despois repetimos todo o proceso coas cores azul e amarela.
Mirade a ver que pasou realmente!

No hay comentarios:
Publicar un comentario