miércoles, 28 de octubre de 2020

¡XA CHEGA O SAMAÍN!

    Xa non queda nada.  Mañán xoves xa é último día antes da celebración do Samaín. Cun pouquiño de pena por non ter magosto, pero estamos ilusionados con facer unha festiña un pouco terrorífica. Así que xa sabedes, animade aos peques a vir disfrazados, aínda que veñamos con mascarillas e sin accesorios, podeemos disfrutar dun día de festa xuntos. Tamén é importante nesta situación facer algunhas cousas que rompan a rutina cotiá, que nos den un pouco de emoción e risas e que nos fagan compartir momentos divertidos.

    Como xa sabedes , hai un concurso de cabazas decoradas e varios pementeiros/as enviaron as fotos das súas creacións, co título correspondente. A min estanme gustando moito as cabazas que vou vendo, e o que máis me gusta de todo é ver que os peques están traballando e poñen o seu esforzo e a súa ilusión nesta actividade. Mirade qué obras tan imaxinativas.

     Valentina, por exemplo, fixo unha cabaza moi relacionada coa situación actual, titúlase "Cabazovirus:vacínate" e como ela mesma me explicaba hoxe na aula, é unha cabaza que é o coronavirus pero tamén é enfermeira e nos vai curar do virus. Primeiro fixo un boceto no papel, e despois da planificación xa fixo o traballo directo sobre a súa cabaza.


    Julia tamén decorou unha cabaza cun sombreiro de bruxa porque estes días hai moitas bruxas viaxando nas súas escobas, e ademais vai acompañadaduns morcegos, que son animais moi interesantes aínda que non nos resulten moi simpáticos. Julia investigou na casa sobre eles e descubriu que son animais sociais e que, igualiño que as abellas, realizan a polinización. ¡Imaxinade que interesante descubrimento! Parabéns pola cabaza e pola investigación sobre os morcegos!!!!

Pablo Canabal fixo unha cabaza co tema da amizade titulada "O meu amigo e máis eu"
 
   E hoxe Pablo explicabame que é unha cabaza e un calabacín. A verdade é que resulta divertida esa unión de amiguetes e, por outra banda, é tamén unha unión moi solidaria. Así que parabéns por esta creación!!

   Outra creación tamén moi solidaria e moi relacionada co Proxecto Ubuntu é a de Sara e a súa irmán Paula na que se ve unha enfermeira co seu fonendoscopio atendendo a outra cabaciña-coronavirus no hospital Ubuntu. As  dúas irmáns traballaron xuntas nesta tarefa e felicítoas por esa colaboración, traballo en equipo e eses sorrisos na súa boca. ¡Xenial!

    Alba e Camila tamén participan no concurso con estas cabazas iluminadas na escuridade, e con esas bocas tan terroríficas. O mellor é ver que contentas están colocando as súas cabazas  na baranda da casa. ¿A que dan mediño?





   Seira elaborou unha cabaza bicéfala, como vedes ten dúas cabezas, unha pparece que mostra un sorriso e a outra está un pouco máis seria. Tamén ten iluminación e o titulo elixido é "Quente".



   Agora toca esperar a ver que pasa o venres. Se o premio cae na Pementeira será xenial e se cae noutra aula de infantil estaremos igualmente contentos porque o divertido é participar e facer cousiñas na familia.
    No cole tamén pintamos uns debuxos do Samaín, e botámoslle purpurina (que sempra é un extra que triunfa en infantil) para decorar un pouquiño o corredor. As profes de infantil estamos un pouco tristonas porque non podemos poñer tantas cousas como facíamos outros anos, e os corredores e espazos comúns están máis baleiros e aburridos de que nós queremos e ven dendo habitual. Pero, esto é o que toca este ano. Polo menos colgamos algo para darlle uns toques de Samaín ao cole. Algo é algo, hai que ser cautos e cumplir as normas.

 


   

  

 

 

 


 

 



 





 


 



  



 





 


 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 







    Un pouquiño de aire  de Samaín para loitar contra o coronavirus!!! Aproveito para decirvos que o venres como moitos virán dsifrazados, por suposto non é preciso que traian mandilón. E tampouco é preciso que traian merenda. Aínda que este ano non podemos facer a merenda conxunta de todo infantil, que tanto nos gustaba e nos permitia vivir unha festa moito máis divertida e animada, encárgome eu de mercar unhas cousiñas para o venres e faremos na aula a nosa merenda mantendo os grupos estables de cinco nenos/as pero con algunha sorpresiña que tamén nos ven ben para relaxarnos un pouco.





2 comentarios:

  1. Hai que celebralo todo e este ano máis que nunca... sempre cumprindo as normas e con moita precaución pero é tan necesario poder evadirnos un pouco e facer cousas diferentes!!!
    qué contentos coas suas cabazas, meigas e morcegos!! e qué ben quedan no corredor!!
    e noraboa a todos os que participaron no concurso de cabazas!!
    grazas por pensar e avisar da merenda; Valentina ía levar algo diferente pero si xa hai para todos moito mellor!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, áis que nada o que queremos é ter un día un pouco diferente, cun pouco de baile e risas, con emocións e sustiños, como lles deía hoxe cando nos disfrazamos podemos convertirnos nalgunha cousa diferente, cambiar de personalidade, xogar a ser quen non somos... só un pouco de xogo para darlle un toque de humor a todo o que nos rodea e liberar tensións. É unha pena non poder facer a merenda conxunta de todo infantil que sempre foi moi divertida e eles/as disfrutaban moito, e despois xogar xuntos no patio... a verdade é unha auténtica pena, así que temos que tratar de facer o mellor dentro do peor!😥😃😃

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...