UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
sábado, 24 de octubre de 2020
RESUMEN DA SEMANA
Esta semana estivo chea de actividades, e foi mellorando a medida que ían pasando os días. O xoves xa foi un día estupendo e o venres aínda o melloramos porque, cando conseguimos ter un pouquiño de orden e calma na aula temos tempo de facer moitas máis cousas, e non só facemos máis cousas, o importante é que disfrutamos moito máis xuntos (que para min é un obxectivo fundamental, porque non o paso nada ben cando temos "problemillas" na aula). Espero que as familias disfrutedes tamén vendo o vídeos que hoxe comparto nesta entrada e anímovos a que lle preguntedes aos peques sobre as diferentes actividades que estivemos facendo para que vos expliquen en que consistían, cales lles gustaron e cales non, si pasaron bos ratos no cole, se queren mostrarvos na casa algunha cousa das que facemos etc.
Eu teño a sorte de que vexo as súas caras en moitos momentos e sei, por exemplo, que o venres o pasamos realmente ben, que tivemos tempo de facer o traballo digamos máis académico, pero tamén tivemos tempo de disfrutar da pintura, da música, da psicomotricidade, da poesía, dos contos etc. E iso é o cole en definitiva, experimentar con moitas cousas para ir descubrindo o que nos motiva, o que nos fai sentir ben, o que xenera aprendizaxes significativas...
Neste primeirovídeo podedes ver como imos conseguindo que o traballo nas mesas sexa relaxado, tranquilo grazas á música que sempre nos acompaña. Nestes momentos teño que aproveitar para corrixir certos malos hábitos que tamén quizá podedes observar na casa:
É importante que nenos/as agarren ben os útiles de escritura. Vexo que moitos/as teñen mala postura corporal (séntase sobre os xeonllos, acóstanse na mesa, agarran mal o lápiz etc.) Axudádeos a sentarse ben, coa espalda recta, cunha distancia axeitada do papel, que suxeiten a ficha coa man que lles queda libre, que agarren ben o lápiz... porque iso tamén axuda a que mellore o control grafo-motriz, a que fagan mellor as actividades e a que no futuro non teñan problemas físicos derivados destes malos hábitos.
No seguinte vídeo, como veredes, estamos disfrutando dun xogo motriz acompañado dunha canción en inglés, The Pinocchio song. Para traballar o afianzamento da lateralidade (porque varios nenos/as non teñen claro aínda cal é a ereita e a esquerda) colocamos un gomet verde na man dereita e un gomet vermello na man esquerda. Cando fago actividades deste tipo normalmente traballo en espello para que eles levanten ou movan correctamente a man ou a perna dereita ou esquerda según corresponda. Nesta ocasión, ao estar formando un círculo, non podía facelo en espello porque non están toddos enfrente de min para xerar esa resposta correcta. Por iso empreguei oss gomets. De paso traballamos a atención e a concentración.
Na sesión de yoga estivemos facendo o "Saúdo ao sol". Julia trouxo unha camiseta moi yogui como correspondía ao acontecemento e non resistín a tentación de sacarlle unha foto. Encántame ver como veñen de motivados para practicar yoga todos xuntos e disfry¡uto vendo como se esforzan en colocarse ben, en estirar todos os músculos, en aguantar o equilibrio e en mostrar como recordan as posicións traballadas. O saúdo ao sol consiste nunha secuencia de posicións que algúns pementeiros/as se animaron a mostrarvos. Mirade:
Tamén tivemos tempo de pintar, de xogar e de ler...
E, para rematar, aquí vos deixo a poesía dos fantasmiñas que quixeron gravar os nenos e nenas que o xoves quedaran sin participar no primeiro vídeo. Como só quedaban seis nenos/as por recitala, algúns dixeron máis dun verso e tamén pedimos colaboración dun par de pementeiros/as que xa recitaran o día anterior. A ver si vos gusta esta nova versión. Non teñen ningún reparo en participar e iso é xenial. Encántame ver que non teñen medo a falar en público e a enfrentarse a unha cámara. O que non lles gusta nada é equivocarse e ter que repetir, aínda que teño que dicir que non teño que facer moitas repeticións. Pero tamén é unha boa aprendizaxe de vida, equivocarse é normal, non todo sae no primeiro intento, podemos facer as cousas mellor se analizamos o que facemos ben e o que facemos regulín... así que, unha vez máis, felicitade aos nenos/as e axudádelle a comprender que ter que repetir algo que non saiu ben non é un drama nin un fracaso, é o máis normal do mundo. Asegúrovos que a cara de satisfacción que poñen cando finalmente algo sae ben e os felicito e lles digo que estou orgullosa deles, merece a pena vela. Cando algo nos require un esforzo, un traballo, unha implicación, fainos sentir moito mellor que aquelo que fixemos correndo e sin poñer o noso corazón e a nosa alma. É un proceso longo, que require tamén madurez, reflexión, forza de vontade, motivación... e todo iso é medrar. Entre todos emos que axudar a estes nenos/as a medrar.
Siii, ponlle moito interese. A verdade é que Julia lle pon ganas a todo. Ten ganas de facer as cousas ben e iso é xenial. Hoxe, por exemplo, axudoume a recoller os botes de pintura porque eu non podía con todos e xa que estamos co Proxecto Ubuntu, ven ben darse conta do importante que é que cada un poña da súa parte para manter un pouco de orden e de benestar na aula. Fíxome moita graza que me ensinara toda contenta a súa camiseta de ioga e pensei que era divertido mostrala no blog. É un pracer ver como veñen con ilusión de facer cousas diferentes. Só me falta conseguir que non berren tanto e non empurren, discutan entre eles e protesten cada vez que imos cambiar de actividade ou de sitio, ou facer unha fila😅 pero conseguirémolo!!!! Grazas por visitar o blog e deixar o comentario.
esta vez sí que contó un montón de cosas... le encantó el vídeo donde están trabajando con la música. Cuánto aprenden y qué bien trabajan cuando le ponen ganas ;)
tenemos días espectaculares en los que me demuestran que saben cumplir normas, portarse bien y consecuentemente trabajar disfrutando, divertirnos con un montón de actividades. Y eso me gusta que lo veáis y lo valoréis porque ellos se sienten felices, orgullosos y satisfechos y es importante tener también vuestro refuerzo para conseguir más días así. A ver si entre todos logramos repetir muchos días tan, tan buenos!
A Julia encántales facer ioga! É unha maravilla ver cómo traballan! Grazas.
ResponderEliminarSiii, ponlle moito interese. A verdade é que Julia lle pon ganas a todo. Ten ganas de facer as cousas ben e iso é xenial. Hoxe, por exemplo, axudoume a recoller os botes de pintura porque eu non podía con todos e xa que estamos co Proxecto Ubuntu, ven ben darse conta do importante que é que cada un poña da súa parte para manter un pouco de orden e de benestar na aula. Fíxome moita graza que me ensinara toda contenta a súa camiseta de ioga e pensei que era divertido mostrala no blog. É un pracer ver como veñen con ilusión de facer cousas diferentes. Só me falta conseguir que non berren tanto e non empurren, discutan entre eles e protesten cada vez que imos cambiar de actividade ou de sitio, ou facer unha fila😅 pero conseguirémolo!!!! Grazas por visitar o blog e deixar o comentario.
Eliminaresta vez sí que contó un montón de cosas... le encantó el vídeo donde están trabajando con la música. Cuánto aprenden y qué bien trabajan cuando le ponen ganas ;)
ResponderEliminarMaría Basadre
tenemos días espectaculares en los que me demuestran que saben cumplir normas, portarse bien y consecuentemente trabajar disfrutando, divertirnos con un montón de actividades. Y eso me gusta que lo veáis y lo valoréis porque ellos se sienten felices, orgullosos y satisfechos y es importante tener también vuestro refuerzo para conseguir más días así. A ver si entre todos logramos repetir muchos días tan, tan buenos!
Eliminar