viernes, 2 de octubre de 2020

OUTRA SEMANA ESTUPENDA

     Remata outra semana máis, e seguimos facendo  moitas cousas na "Pementeira". Seguimos traballando moito cuestións como as rutinas cotiáns que son necesarias nunha aula para manter un orden básico e unha organzación que nos proporcione calma e tranquilidade, pero tamén nas normas de hixiene "extras" como o uso correcto das mascarillas, a hixiene de mans e a distancia (esto último é o que máis costa a verdade sexa dita). Así que aquí, voulle pedir a todas as familias que lles insistades aos nenos e nenas que, na medida do posible, non se xunten demasiado aos demais. É certo que xogar cos  compañeiros/as, falar e tocalos en certos momentos é inevitable, eu mesma non estou todo o tempo recordándolles que non o fagan porque en ocasións unha aperta pode ser tan necesaria como unha menciña, pero o que sí podemos evitar e falar berrando e achegarnos á cara doutro neno/a sin mascarilla, ou estar facendo as típicas "pedorretas" coas que inevitablemente se escupe. Tamén viría ben que os nenos e nenas practicaran o lavado de mans na casa porque vexo que moitos están esperando que eu llas lave, ou simplemente as deixan debaixo do grifo mentres a auga corre. 

     En fin, non nos quedemos con estas cousas, que sabemos que son importantes, claro, pero que iremos traballando constantemente entre todos. Este grupo de nenos/as é un grupo activo, moi falador, moi habituados a chamar a miña atención berrando... pero tamén son nenos e nenas intelixentes, curiosos e con ganas de aprender. E ese é o camiño que temos que seguir. Motivalos, poñerlles modelos axeitados a seguir, marcarlle a ruta con normas claras e sin ceder a caprichos e valorar os seus progresos, porque hhai progresos e vaai haber máis, sen dúbida, xa veredes.

   Agora ides ver como van traballando con tranquilidade disfrutando da música, como se esforzan en yoga, como disfrutan xogando e cantando, e como aprenden cousas sobre o proxecto UBUNTU.






























   Como vedes, fixemos a "posición do peixe" ou Matsyasana. Fixémola con moito coidado, un a un, para colocar ben a cabeza e o pescozo. Sempre lles insisto en que cando imos doblar o pescozo, ou tumbarnos no chan, ou voltear as pernas cara atrás, temos que facelo con moita suavidade porque  do contrario podemos mancarnos. Se o facedes na casa, recordade, imos colocándonos con moita suavidade no chan, cruzamos as pernas e, pouco a pouco, intentamos virar a nosa cabeza intentando colocar contra a chan a parte superior, como si quixéramos ver o que temos detrás. Comprobaredes que algúns son capaces de colocar moi ben a cabeza e outros teñen máis dificultades. É normal, hai posturas que son mellores e máis doadas para unse  outras para outros. Non forzamos moito pero intentamos ir probando ata onde chegamos cada un de nos. Hai máis flexible e menos flexible, máis resitente e menos resistente, con máis equilibrio e con menos equilibrios... somos todos distintos e todos válidos. esforzámonos porque sabemos que podemos mellorar, pero sin dramas e sin prisas.

   Ademáis da postura do peixe, tamén lles contei unha fermosa lenda sobre esa posición, que falaba dun rei sabio chamado Manu e un peixe moi especial porque en realidade era Lord Visnú.
Preguntádelle aos peques se a recordan e comprobaredes que esa historia é moi, moi similar a outra que nós, na nosa cultura e tradición, coñecemos moi ben.
      A continuación veredes como estamos traballando concentrados nunha actividade impresa, analizando o corpo dun insecto e aprendendo como un insecto colabora cunha árbore.





  Outra novedade é que xa temos as bolsas para gardar abrigos e  bolsiñas da merenda e ter todo ben aislado nos percheiros do corredor. Así evitamos aandar todos tocando as cousas cada vez que pasamos polos corredores ou imos coller algo que necesitamos. Non supuxo ningunha complicación extra entender como empregar estas bolsas pero é certo que si os deixo, eles/as  deixan todo de calqueira maneira, sempre queren facer todo correndo, non se molestan nin en abrir a bolsa, xa queren meter todo por un burato... Unha vez máis temos que repetir como facer as cousas e non facelas nós por eles. Eles poden pero se os deixamos, marcharan correndo a facer algo que lles apetece máis obviamente, mentres llo facemos nos.



  E agora un traballiño que penso que vos pode gustar ás familias. Aquí está a primeira "ponencia" sobre abellas e formigas feita por algúns pementeiros/as que se presentaron voluntarios para explicarnos algunhas cousas sobre estes dous insectos dos que estamos a falar estes días. Fixádevos ben en todo o que din porque están empregando un vocabulario moi técnico: polinización, trofalaxis, feromonas... As abellas e as formigas son bos exemplos de cooperación e traballo en equipo tanto entre membros da mesma especie como entre exemplares de especies tan diferentes como as formigas e as acacias. Outro dato importante é que practicamente non tiven que repetir ningunha gravación, o cal quere dicir que os ponentes foron capaces de concentrarse no que dicían. Sí que se notan un pouquiño os nervios do momento de enfrentarse a unha cámara. É lóxico, pero encantoume ver que moitos se animaron a participar, sin ter medo, con ilusión (algúns tamén querían pero non nos dou tempo a máis. Próximamente compartiremos máis presentacións en vídeo como esta porque  son moi interesantes, non vos parece?)




13 comentarios:

  1. Bravo por estos niños.
    Acabamos de ver el vídeo en casa y a Pablo C. le dió un poco de vergüenza, pero en cuanto lo felicitamos ya no paró de contarnos cosas.
    Ahora ya nos cuenta,nos canta...
    Enhorabuena chicos/as seguid así y gracias Teté por el blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. GENIAL! Lo hicieron todos muy bien, y vamos a seguir trabajando así y aprendiendo un montón de cosas, eso seguro. Me gusta que os cuente cosas del cole porque aprenden con rapidez y es estupendo que vean que en casa disfrutáis escuchando todo lo que saben, es muy motivador para ellos. O sea que a seguir así.

      Eliminar
  2. Miña nai! O que saben estes rapaces! Algún dounos unha clase sobre apicultura, nótase que lle gusta.
    Personalmente o mellor é que Julia se presente voluntaria a saír no vídeo. Case non o podemos crer!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois así foi, de verdade, quiso participar ela e fíxoo moi, moi ben, que non tiven que repetir a gravación. realmente fixémolo con moitas ganas e rapidísimo. Espero que poidamos facer moitos máis e cada vez ccon máis información. Estou moi orgullosa de esta primeira ponencia, a verade, sei que son nenos e nenas con moita capacidade e temos que lograr que a mostren, a aproveiten e a disfruten.

      Eliminar
  3. qué semana máis interesante e chea de cousas!! e cantas cousas aprenden e, de paso, nos ensinan!!!
    noraboa a toda a clase por traballar tan ben
    seguimos insistindo nas normas a ver si entre todos conseguimos que o fagan o mellor posible ainda que non é nada fácil, a verdade.
    a por outra semana estupenda!!!
    María Basadre

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que si, poden facer moitas cousas e seguro que o fan, temos que ser constantes e manter as normas para que comprendan o que todos ganamos si nos portamos ben e nos coidamos uns aos outros. A ver o que podemos mostrar desta nova semana!

      Eliminar
  4. Hola pues yo no veo ese vídeo por ningún lado solo fotos! Donde hay que pinchar??

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El vídeo está a continuación directamente del texto de la entrada, al final del todo. Quizá estás accediendo al blog desde el móvil y blogger es una aplicación que inicialmente no está diseñada para móvil. Prueba a ir al final del todo de la entrada, después de los comentarios y pone "ver versión web", clica ahí y te sale la visión del blog como una página web que es realmente cómo está diseñado el blog y ahí deberías visualizar el vídeo. No sé si será ese el "problema", pero es frecuente que pase esto por eso te lo comento.

      Eliminar
  5. Hola, no sé que me sorprende más si verlos exponer un tema o verlos a todos sentados y concentrados trabajando�������� Mil gracias por dejarnos una ventana por la que mirar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ellos son capaces de concentrarse y trabajar al menos un rato. No están así todo el tiempo, claro, y es cierto que hay días que cuesta que estén centrados, sobre todo que me escuchen, están habituados a gritar, a pedir las cosas unos por encima de los otros, a hablar y jugar mientras explico y eso hace que luego no sepan qué hacer por ejemplo. Tengo que buscar estrategias para mantener la atención durante un tiempo suficiente para poder lograr que aprendan, que mejoren habilidades, que hagan cosas nuevas y, a la vez, que comprueben lo bien que se sienten cuando lo conseguimos. Y ahí estamos. Es cierto que hay muchas cosas con las que consigo motivarlos, atraer su atención y veo que vamos obteniendo resultados, aprenden rápido y ver sus caras cuando los felicito por algo es estupendo. Ahora sólo falta conseguir automatizar ciertas normas y rutinas para estar más contentos, más cómodos, para que todo sea más fluído. Y lo vamos a conseguir pero tenemos que emplear tiempo, repetir y repetir, comprobar lo que conlleva hacer las cosas de otra manera, interiorizarlo y listo. me alegra que os guste ver estas cosas!!!!!

      Eliminar
  6. Estamos moi sorprendidos e moi contentos,estos nenos/as aprenden un montón e nós con eles!!! Noraboa por lograr este nivel de atención e estimulación!!! Gracias Teté,moitos ánimos e a seguir así de ben!! Papá Leo

    ResponderEliminar
  7. Ahhh e si é posible,na primaveira contade con ver unha clase completa de apicultura con unha colmena nunha caixa de cristal!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estaremos encantados. De feito xa consultei a posibilidade de organizar algo en relación a este tema (polo tema dos protocolos covid) e mantendo as medidas de seguridade precisas podemos organizar algo. Xa quería falar con vos do tema así que, perfecto. Queda anotado na axenda! Mil grazas!👏👏👏👏

      Eliminar

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...