Hoxe tivemos outra celebración de aniversario e, curiosamente, tamén foi un Erik. Nesta ocasión Erik Vázquez tivo o seu día especial cumplindo 5 anos. Estaba moi feliz, aínda que agora temos que observar mellor os ollos porque non vemos o sorriso. Aínda que fixemos unha foto sen mascarilla, gardando a distancia para poder mostrar o contento que chegou Erik.
Todos xuntos cantamos o cumpleanos feliz. Hai que dicir que xa o cantaran polo menos tres veces mentres íamos entrando todos, colocando abrigos e mochilas nas bolsas etc. Así que xa empezaron a xornada con bo ánimo e ritmo festivo.
Os compañeiros/compañeiras díxeronlle tamén cousas bonitas, como por exemplo:
- Gústame como nadas.
- Gústame como fas yoga
- Pintas moi ben.
- Corres moi ben.
- Sempre quero ser o teu mellor amigo.
- Eres o meu mellor amigo.
- Gústame xogar contigo.
- Todos os días vou xogar contigo.
- Gústame estar no teu equipo.
- Sempre vou querer xogar contigo.
Gustoume moito me Erik lle daba as grazas a cada un dos compañeiros/as que lle dicían algo bonito. Estaba moi orgulloso no centro do círculo recibindo agradecido esas bonitas palabras así que estou contenta vendo que nos imos esforzando un pouco en agasallar con eloxios ás nosas amigas e amigos.
Feliz cumple Erik
Muchas gracias por compartir cada momento con nos 🤩
ResponderEliminarFeliz cumple Erick Vázquez !!!! E gracias x compartir estos momentos Tete
ResponderEliminarFeliz cumpleaños Erik V.!!! Que riquiño es!
ResponderEliminarfeliz cumple Erik!!! qué especial me parece este círculo!! eso sí, me parto con la seriedad y concentración de todos..
ResponderEliminarMaría Basadre
Muchas gracias!!
ResponderEliminar