viernes, 25 de septiembre de 2020

CORPO E MENTE SANS

    Seguimos traballando co noso corpo e a nosa mente porque na Pementeira temos tempo para todo se nos organizamos ben. O mércores fixemos a nosa sesión de ioga e o xoves unha sesión literaria.

    Na sesión de ioga intentamos traballar os estiramentos de pernas e brazos. Aos nenos e nenas pequenos cóstalles estirar ben os músculos, teñen tendencia a ter xeonllos e cóbados un pouco flexionados, así que aí andamos, estirando ben todos os músculos e as articulacións. Por outra banda intento que se concentren na percepción do seu corpo, que se conecten coas diferentes sensacións corporais e que traballen a resistencia, porque neste grupiño costa traballo facer algo durante un tempo, todo o queren facer correndo e inmediatamente facer outra cousa diferente. É bastante normal que pase iso porque a impulsividade domina as accións dos cativos/as, pero a concentración, a paciencia, o control da impulsividade tamén se traballa, con práctica diaria. Ás veces quéixanse de que lle doen as pernas, ou os brazos, resoplan e deixan de facer unha posición rapidamente e, despois, dous minutos máis tarde xa a queren repetir e cando volvemos para a aula van falando das posicións que máis lles gustaron e do ben que o pasaron. Porque. certamente, cando practicamos ioga podemos sentir certas molestias  porque hai músculos cos que nunca traballamos, porque estamos habituados a malas posturas, porque non temos moito equilibrio ou flexibilidade e, sin embargo, inmediatamente despois da práctica xa empezamos a sentirnos mellor que antes e por iso temos ganas de seguir practicando. E parece que xa hai nenos e nenas que están animando ás mamás e papás a practicar tamen así que ¡xenial!

   Mirade ben porque xa hai algunhas posicións moi logradas e só levamos dúas clases. Veredes no mes de xuño!!!!!!





























  •           E hoxe fixemos unha sesión de lectura. Cada subgrupo tiña un lote de libros que podía "ler" despois de desinfectar as mans. Tras finalizar limpamos os libros que pasan a un estante apartado no que estarán como mínimo 24 horas antes de volver a empregalos. Con frecuencia tamén limpamos as mesas, puzles etc. para evitar posibles contaxios. É un pouco molesto ter que estar constantemente limpiando e desinfectando pero a outra opción posible é retirar todos os materiais da aula para non tocar nada e así non ter ningún risco, pero a verdade é que temos que afrontar todo isto con prudencia, por suposto, pero tamén con un pouco de sentido común e optimismo. No cole, e na vida en xeral, temos que procurar facendo cousas que nos axuden a manter tanto o corpo como a mente en plenas facultades. Así que toca limpar e limpar e limpar, e no medio ler, escribir, debuxar, bailar, cantar, xogar e practicar ioga.











5 comentarios:

  1. Hola, Encantame o blog, e increíble como se concentran. Aroa e moisés non soen falar do cole, hai que preguntarlle para que conten cousas. Neste caso agora co blog son eu a que lle comento e quedan sorprendidos porque me din que eso mesmo que lle estou contando llo dixo tete no cole. As clases de ioga gustanlle moito e queren practicar na casa. Enhoraboa tete e moita paciencia o longo deste curso tan complicado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Polo de pronto, empezamos bastante ben así que temos que ser optimistas e intentar que cada día o pasemos mellor. Alegráme que o blog sirva para xerar conversacións, para profundizar nalgúns temas, para motivar aos peques e para que vós tamén vexades que vai todo ben e que participedes directamente nas aprendizaxes dos vosos fillos e fillas, así que grazas por visitar o blog e deixar comentarios.

      Eliminar
  2. alucinada con algunas posturas!! sí que les encanta el yoga.
    una pregunta, qué libro (porque hay un montón) recomiendas del estilo "yoga para niños", para hacer yoga en familia porque Valentina trajo alguno de la biblioteca (el año pasado) y disfrutábamos mucho de ese rato.

    Cómo me gusta ver a los niños con libros

    un saludo

    María Basadre

    ResponderEliminar
  3. Es genial verles disfrutar tanto del yoga,a Bruno tanto le gusta que dice que de mayor va a ser yogador😂
    Nos encanta el blog,así tenemos mucha información del día a día de los niños,gracias Teté por hacerlo posible😘

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Cómo me gusta lo de "yogador"! me lo apunto, vamos a ser los mejores yogadores de la zona. Creo que nos va sirviendo para concentrarnos, rebajar tensión, mejorar posturas y malos hábitos, así que poco a poco vamos avanzando en un montón de habilidades y capacidades. ¡A seguir así! Gracias por visitar el blog!

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...