lunes, 21 de septiembre de 2020

UBUNTU

     Imos xa contar cousiñas do proxecto porque, como xa sabedes, algúns nenos/as xa comentaron o tema central na casa e mesmo recordaron esta fermosa palabra, UBUNTU, que contén todo o que imos englobar nesta investigación. Parabéns para todos os nenos e nenas que chegaron a casa con ganas de contar cousas do cole e que empregaron a súa memoria para transmitir o que eu lles expliquei.

    Pois ben, ese é o noso tema para o proxecto anual: UBUNTU, unha palabra que abarca todo un concepto filosófico, unha maneira de entender a vida e de afrontar a existencia dos seres humanos. Non sei se xa coñecíades este término e o seu significado pero no caso de que para vos sexa algo novo, aquí vai unha pequena explicación:

     Ubuntu é un término africano (das linguas zulú e xhosa), concretamente de Sudáfrica. Contén toda unha filosofía de vida, un contido ético que ten que ver coa lealdade, coas relacións entre persoas. Podería explicarse de moitas maneras:

  • Somos persoas en relación con outras persoas.
  • Se todos estades ben, eu estou ben.
  • O ben común, é o ben propio.
  • A humanidade está conectada, temos que ser empáticos e cooperar para lograr un mundo mellor.

     

   Neste momento en que nos enfrentamos a unha situación complexa, coa COVID 19, temos que empezar a pensar na colectividade e deixar a un lado o egocentrismo. Unha pandemia como a que estamos a sufrir só se pode controlar se todos respectamos unhas normas básicas que impidan a propagación dun virus. Así que partindo desta base, este ano imos investigar sobre calqueira tipo de organismo, ser vivo, organización, actividade que implique colaboración, cooperación, traballo en equipo para acadar un fin que sexa bo para todos.

    Para introducir o proxecto e presentar ese fermoso e profundo concepto, UBUNTU, partimos dun conto que eu xa lles contara o curso pasado antes do confinamento aos nenos e nenas de infantil, un conto sobre unha tribu africana, os Himba, titulado "Tu canción".

   Pedídelle aos nenos e nenas que vos conten esta historia porque é ben bonita e penso que nos pode facer reflexionar sobre algún dos nosos comportamentos e, quizá, nos anime a cambiar algunhas cousas no noso día a día.
   Os nomes dos equipos ou subgrupos estables dentro da aula foron pensados partindo desta idea de colaboración para lograr un ben común:
      As abellas




      As formigas


      Os lobos


      As suricatas


  Todos estes grupos de animais teñen un comportamento social que implica realizar tarefas en equipo para lograr a supervivencia da manada ou da colonia, os individuos teñen o seu traballo, as veces perfectamente diferenciado, outras veces moi similar, e mesmo poden organizar turnos para que todos poidan descansar tamén. É moi interesante ver como os animais, e mesmo as plantas, teñen esa capacidade de organización que trascende o interés puramente individual a favor da supervivencia do grupo.
    Agora estamos aprendendo algunhas cousas sobre estes animais. Empezamos contando unha información básica de cada un deles e agora xa imos profundizar un pouco máis en cada un deles. Empezamos polas abellas, que xa sabedes que foron declaradas o ser vivo máis importante do mundo.
     Como non podemos traer ao cole cousas da casa para poñer un recuncho Ubuntu, como a min me gustaría, invítovos a que si facedes algo na casa relacionado con estes grupos de animais (ou doutros exemplos de cooperación, mutualismo, solidariedade que se den no mundo natural) lle fagades unha foto (por exemplo se é un debuxo ou unha manualidade, ou se estades mirando un libro, ou se facedes unha saída e contemplades algo que teña que ver co tema...), ou gravedes un vídeo curtiño, ou unha montaxe en formato dixital e o enviedes ao meu correo electrónico para que o poidamos comentar na aula e compartir no blog. Non se trata de facer cousas complicadas, o que se vos ocurra, ou que se vos dé ben facer e teñades ganas de mostralo. Este ano os materiais que imos compartir teñen que ser virtuais así que temos que ser creativos... A ver o que se nos ocurre. Pensade que nos momentos complicados é cando xurden as ideas máis orixinais. A ver qué sorpresas nos damos uns  aos outros.
    Non hai prisa, estamos empezando... pero seguro que pronto xurde algunha cousiña interesante  e divertida.
     ¡Veña! ¡Saquémoslle partido a esta situación empregando a creatividade e a imaxinación!

---Crea tu texto animado---

2 comentarios:

  1. palabra preciosa... y con gran significado... a ver si somos capaces de preparar algo para poder enviar al cole.

    un saludo

    María Basadre

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. seguro que si. Ya hay ideas surgiendo por ahí. Veréis como conseguimos hacer cosas interesantes aún a pesar de este virus que nos quiere complicar la vida.

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...