martes, 22 de septiembre de 2020

FELIZ CUMPLE ERIK

    E hoxe inauguramos a temporada de celebracións de cumpleanos na Pementeira. O protagonista do día foi Erik Pérez que hoxe cumpliu 5 anos. Como xa sabedes, non podemos compartir un biscoito pero aínda así fixemos unha pequena celebración. Nada máís entrar todos xuntos cantámoslle o "Cumpleanos feliz" ao noso compañeiro, que estaba moi contento aínda que non lle víamos o sorriso (na asemblea mantemos a máscara posta porque aínda que estamos mirando cara adiante, é un momento no que estamos máis preto uns dos outros. Eso sí seguimos mantendo os subgrupos estables de cinco nenos/as en cada cadrado, que tamén nos sirve para organizar os xogos de construcción que empregamos no chan). Mirade:


E aquí está Erik preparado para soplar as candeas (un minisoplido ràpido mantendo distancia suficiente dos compañeiros/as e xusto ao lado das ventanas abertas para minimizar riscos).



  Despois un forte aplauso para o protagonista do día con todo o cariño dos amiguetes.




 Todos firmamos unha tarxeta de felicitación para Erik desexándolle un feliz día (previamente desinfectamos mans e empregamos cada un rotus propios)
                                               



   E, por último, como colofón da celebración do cumpleanos fixemos unha dinámica grupal que aprendemos no conto "Tu Canción", unha práctica que os Himba levan a cabo para dar ánimos aos nenos dentro da tribu, para qe se sinta acollido e amado polo grupo. Fixemos un círculo e Erik colocouse no centro para recibir un agasallo dos compañeiros/as. Neste caso o agasallo non é algo material senón un comentario agradable, un recoñecemento das cousas que nos gustan dos outros, este caso, das cousas que apreciamos en Erik. Nas fotos vedes a Erik moi firme no centro do círculo escoitando con moita atención o que lle queríamos dicir.









Eu, por exemplo, díxenlle que me gustaba velo contento no cole e que estaba orgullosa del cando cantaba en inglés a canción "Octopus´s garden" (que disfrutamos todos xuntos pola mañán). Outros compañeiros/as dixéronlle cousas como:
  • estou orgulloso de que sexas o meu amigo.
  • gústame como xogas.
  • gústame como corres no patio.
  • eres divertido.
  • gústame o teu mandilón.
  • gústanme os teus zapatos.
  • gústame xogar contigo.
  • gústasme moito.
  • eres o meu mellor amigo.
   Intentaremos traballar un pouco estas cuestións de aprender a valorar cousas nos demáis, observar qué saben facer, verbalizar o que nos gusta deles, porque é certo que a estas idades aínda costa sair do mundo personal no que cada un é o protagonista principal e todo está tamizado por un egocentrismo característico da etapa evolutiva na que están estes nenos/as (pero que deberán ir superando pouquiño a pouco).
    Pero non pensedes que hoxe foi día de festa e nada máis. Tamén traballamos un pouquiño. Mirade as fotos e un pequeno vídeo no que podedes comprobar que, pouco a pouco, imos conseguindo traballar con máis tranquilidade e concentración ao tempo que disfrutamos da música (non é que a calma e o silencio duren moito pero se estamos así a segunda semana de cole, eu estou convencida de que no segundo trimestre a concentración será óptima, polo de pronto eu estou contenta cos progresos destes novos pementeiros). De feito, hoxe puxen varios selos de "excelente" na actividade impresa e sei que seguirei poñendo máis porque todos e todas son perfectamente capaces de conseguilo. Estou segurísima.







9 comentarios:

  1. Felicidades, Erick Pérez !!!!🎉🎉🎉
    E gracias Tete x facernos partícipes de todo o que están facendo 👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Feliz cumpleanos Erik P.!!!
    Alucino vendo ós nenos traballar tan tranquilos!

    ResponderEliminar
  3. Muchísimas gracias a tod@s l@s compis y a ti Teté por hacerlo sentir especial un año tan complicado. Erik llegó muy contento del cole. Esperamos que el próximo año podamos celebrarlo con tod@s! Gracias de corazón!! Abrazos!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Fue bonito para todos, porque estamos trabajando esa idea de sentirnos bien juntos, que este año lo necesitamos. Tengo que procurar que se sientan unidos para cuidarnos todos mejor. No siempre es fácil porque son movidos, inquietos y buscan experimentar y escapar a la autoridad. Pero creo que este tipo de dinámicas pueden ayudarnos. Así que gracias por valorar este tipo de actividades, por ver que los pequeños detalles también nos ayudan a ser felices.

      Eliminar
  4. muchas felicidades Erik Pérez!! me encantó la celebración, por lo menos, de las cositas buenas que podemos sacar de todo esto es que, en realidad, es mucho más agradable recibir una palabra amable o una valoración positiva que un regalo.
    Me encanta verlos tan concentrados en sus tareas y con sus cajitas cada uno con su material.
    María, mamá de Valentina

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiii totalmente de acuerdo contigo ,resaltar las cosas buenas de cada niño, me encanta

      Eliminar
    2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
  5. Muchas felicidades Erik!! Que bien que dentro de las restricciones encontrases la manera de hacerles el día más especial👏🏼👏🏼
    Y da gusto verlos hacer las tareas tengo que decir que eché de menos el blog estes dos años,estamos felices de poder contar con el ahora😘

    ResponderEliminar
  6. Gracias a todos/as por las visitas y por los comentarios tan positivos. Es un placer hacer un blog y ver que tiene respuesta y se disfruta. Siempre pienso que ya que los niños/as están varias horas en el cole y hacen muchas cosas diferentes, es positivo que los papás/as podáis ver algunas de ellas, o pequeños momentos porque a fin de cuentas son vuestros hijos/as y tiene que ser curioso ver como actúan en ciertos momentos, sin vosotros, dentro de un grupo, y en un contexto diferente al familiar. Yo veo avances y descubrimientos en los niños que, a veces, en el ambiente familiar, no hay oportunidad de ver de forma tan precisa y es muy bonito. Así que si os gusta entrar en A Pementeira a través del blog, yo encantada!

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...