sábado, 26 de septiembre de 2020

LIBROS DE YOGA

    Vexo que, en xeral, os nenos e nenas están disfrutando coas sesións de yoga e como unha mamá me pide consello sobre libros de yoga para nenos, aproveito para deixarvos aquí uns enlaces para acceder a blogs que tratan estes temas. 

https://blogcrianzarespetuosa.com/2019/03/28/8-libros-de-yoga-para-padres-y-maestros/

https://colorincoloradolibros.wordpress.com/2015/08/18/yoga-para-ninos-facil-y-divertido/

 

Neles podedes ver algúns dos libros máis coñecidos sobre  como iniciar aos nenos e nenas na práctica do yoga. Algúns son moi, moi sinxeliños, do tipo "Mi papá es de plastilina", que eu sempre emprego cando empezo cos peques de 3 ou 4 anos. Soe gustarlles moito, pero trae pouquiñas posturas porque é como un conto breve. É moi bonito e útil para iniciar a práctica. Despois podedes ir cara algo un pouco máis completo que vos permita achegarvos a máis asanas.


Este libro concretamente podédelo descargar gratuitamente neste enlace:

http://ahorrarencrisis.com/libro-yoga-gratuito-ninos/




Animádevos a practicar todos na casa. Os beneficios do yoga para os nenos son moitos. Por exemplo:

  • Desenvolvemento e destreza dos músculos motores.
  • Flexibilidade nas articulacións.
  • Mellora na postura da súa columna vertebral.
  • Mellora nos hábitos da respiración.
  • Aumento da autoestima.
  • Descenso do nivel de estrés infantil.
  • Desenvolvemento da atención, concentración, memoria e imaxinación.
  • Armonización da personalidade e o  carácter.
  • Canalización da enerxía física.
  • Mellor comprensión e interacción cos demáis.


2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. A ver si te sirve alguno de estos. Yo tengo uno muy bueno que es el que utilizo en clase, está en inglés y es más para que utilicemos los adultos para trabajar con los niños que para que ellos lo "lean". Me lo dejó mi profesora de yoga, pero lo fotocopié porque no lo conseguí en librería, mañana os pongo la referencia por si queréis buscarlo (lo tengo en el cole y no encontré imagen en internet).

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...