lunes, 14 de septiembre de 2020

EMPEZAMOS O CURSO 2020-2021

    


     Aquí estamos de novo! Iniciando un novo curso escolar que todos esperamos que nos traia cousas positivas: reencontros emocionantes, novas aprendizaxes, vivencias enriquecedoras, un pouco de normalidade nesta nova realidade que nos está tocando vivir, actividades divertidas... Sabemos que temos que levar a cabo unha serie de rutinas de hixiene e medidas de seguridade que poden ser un pouco repetitivas, aburridas e mesmo incomódas pero temos que asumir que temos que respectar certas normas polo ben de todos. Así que mellor levalo con boa vontade e un pouco de sentido do humor.

    Estes dous días de cole  foron bastante ben en xeral. Estamos repetindo moito certas cuestións que temos que lograr facer de xeito máis automático: lavado de mans, uso da máscara, emprego do hidroxel, uso individualizado dos materiais escolares, saídas ao patio etc.

    Entón aproveito esta primeira entrada para pedirvos que tamén na familia traballedes un pouquiño as seguintes cuestións:

   1.- Uso da máscara: aínda que é obrigatoria a partir dos 6 anos, é recomendable o seu uso no cole tamén. Intentade que os nenos/as collan soltura poñendo e quitando as máscaras agarrándoas polas gomas xa que si as están tocando constantemente coas mans perden a súa función protectora. Tampouco sirve de nada si están xogando con elas, ou si gardan xuntas no mesmo estoxo unha máscara limpa e outra xa usada. Algúns nenos/as traen máscaras que son dun único uso e si a teñen posta unhas 4 horas, xa se tiran no contenedor correspondente. Pero os que traen máscaras personalizadas, non deben gardalas nun estoxo con outra máscara limpa. Eu estou intentando que a teñan posta polo menos durante a primeira parte da mañán, pero cando a quitamos para tomar a merenda déixoos descansar un pouco para que saian respirar aire fresco, aínda que despois a volvan poñer na segunda parte da xornada. Estou intentando que cando a teñen posta non a toquen constantemente, e cubran con ela nariz e boca porque tenden a baixala para respirar mellor.

   2.- Lavado de mans: temos que lavar as mans moitas veces ao longo da mañán. Os nenos e nenas teñen que habituarse a facelo e para iso hai deixalos que o fagan eles sos. Estou observando que algúns/as simplemente deixan que a auga resbale polas mans sin frotar ben os dedos, esperando que llo faga eu. É importante que practiquen ese lavado de mans, que interioricen ese feito de frotar  e lavar ben cada dedo, e despois secarse coa súa toalla. Pensade que a situación actual parece que vai perdurar no tempo, temos que mostrarlle aos peques o que deben facer, cómo deben facelo, e que automaticen estas conductas con normalidade para non perder tanto tempo diariamente. 

  3.- Certamente só levamos dous días de cole, pero este curso temos que ser estrictos coa normas máis básicas. Axudádelle a entender que non podemos compartir materiais na aula. Eu estou insistindo por suposto pero sería moi positivo que vos tamén llo recordárades xa que, como nenos/as que son, eles  buscan en certas ocasións facer o que queren, incumplir certas normas como un xeito de retar aos mestres e rebelarse contra a autoridade, o cal é bastante normal, pero nesta situación estaría ben que comprendesen o motivo destas normas é coidarnos uns aos outros, colaborar todos para manter a nosa saúde.

   Este grupo xa sabedes que é inquedo, movido, enerxético, falador... iso non é malo por suposto, é cansado e traballoso porque todos os nenos/as buscan o seu protagonismo, reclaman atención, protestan se algo non lles gusta etc. etc. Isto vai implicar que eu repita moitas veces as mesmas cousas porque a súa impulsividade lévaos a facer cousas que agora non podemos permitir e que probablemente estaban acostumados a facer. Eu chego a este novo curso cargada de ganas, con intención de facer cousas que nos animene motiven a todos, cunha dosis extra de paciencia... e por iso se vós desde as casas me axudades  nestas cousiñas seguro que pronto as temos interiorizadas e non nos costan tanto traballo. Non é fácil o que nos tocou vivir pero tampouco temos que facer un drama constante. Temos que aprender a manexarnos nesta realidade e, de feito, ímolo facer.

     Bueno, e despois deste rollo inicial agora vouvos contar algunhas cousiñas da aula.

     Todos os nenos e nenas están pefectamente adaptados á nova aula e empezan a comprender como traballa a nova profe. Xa nos coñecemos un pouco así que tampouco foi nada que os collera por sorpresa. Saben que non me gustan os berros na aula e que non fago caso se me chaman berrando ou todos á vez. Tamén están empezando a ver que non lles fago eu todo, e que sempre lles vou pedir que intenten facer as cousas por si mesmos (o cal non sempre lles gusta) porque ademais de ser os maiores de infantil, tamén son todos/as perfectamente capaces e suficientemente intelixentes. Gústalles escoitar contos e cantar cancións. Hoxe fixemos un debuxo e puxeron o seu nome. Xogamos con puzzles e plasti. O venres xa coñeceron ao "teacher". Presentamos os nosos equipos de aula...

      Por certo os equipos teñen moito que ver co tema do proxecto deste ano pero eu non volo vou revelar aínda. Quero ir vendo que vos van contanto os vosos fillos e fillas. En fin , aquí tendes algunhas imaxes destes dous primeiros días de cole. Como podedes comprobar os nenos/as están tranquilos, divírtense, disfrutan das diferentes actividades e espero e desexo que aínda o pasen moito mellor a medida que avance o curso.

    Aquí están os catro subgrupos ou equipos da Pementeira sin máscara e con máscara. Preguntádelle de que equipo é cada un.










 Aquí estamos cantando e bailando "The Pinocchio song" en inglés, claro.

















 Agora unha foto cun sorriso para celebrar a volta ao cole e o reencontro con todos os compañeiros e compañeiras.









 









 
   E para rematar, aquí están os novos pementeiros e pementeiras traballando e xogando. Como vedes, dentro de toda esta rareza que provocou un virus bastante inoportuno e fastidión, estamos tendo unhas xornadas no cole bastante agradables. Seguiremos informando.



































El dragón rojo (Tapa dura) · De 3 a 5 · El Corte Inglés


11 comentarios:

  1. bos días, Teté! qué alegría empezar o curso así con esta motivación e cheo de sorrisos a pesar de todo!
    é verdade que sobre todo o tema das máscaras non é fácil de levar nin de facerllo entender, que teñen que estar ben colocadas, pero entre todos hai que conseguilo.
    grazas polo blog e polas fotos!! fai tanta ilusión velos a elos tan contentos e traballando e xogando..

    o proxecto deste non o teño moi claro: abellas, formigas, suricatas, lobos... seguiremos esperando pistas

    moitos bicos!!!!

    María Basadre

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por visitar o blog, encántame esta interacción coas familias!!!!! Seguiremos soltando cousiñas para que descubrades o tema do proxecto. Xa veredes como vai resultar moi interesante e productivo. Falade moito cos peques a ver que soltan!

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. A ti pola visita e por deixar o teu comentario!Espero que disfrutedes do blog!

      Eliminar
  3. Gracias Tete!!!
    E Unha gran idea a do bolg por que así vemos o que van facendo, gracias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un pracer compartir estas cousas con vos. Estes primeiros días que nos estamos adaptando a tantas rutinas necesarias nesta situación, haberá moitos momentos que non teña nin tempo de sacar fotos ou subir traballiños ao blog pero xa veredes que pouco a pouco todo vai ir máis fluído e poderedes disfrutar moitas cousas do cole na casa tamén. Hoxe tivemos un día moi bo e seguro que teremos moitos máis. Grazas por visitar oblog e deixar un comentario.

      Eliminar
  4. Respuestas
    1. Xenial! Hoxe tivemos un día estupendo, e a verdade é que cando nas familias podedes disfrutar dunha porción das cousas que facemos no cole e comprobar que (dentro da peculiaridade desta situación) mantemos a "normalidade" na aula, que cantamos e bailamos, rimos, lemos, pintamos, conversamos e investigamos... para as mestras é moi satisfactorio e penso que para os nenos e nenas moi motivador. Así que seguide participando así para que os peques teñan un curso agradable. Grazas!!!!

      Eliminar
  5. Ola Teté!! Leo cree que o proxecto é para saber traballar en equipo. Dime que poña esta mensaxe, bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. 😂😂😂 Xa me contou todo orgulloso hoxe pola mañán que el se acordara de dicirvos na casa o tema do novo proxecto. Está ben, por aí vai o tema. Agora só falta que vos digan con qué palabra en concreto nos referimos a ese principio de colaborar, axudarse, complementarse e buscar o ben común, é unha soa palabra que vai ser o título do proxecto anual. Parabéns!!! Encántame ver que xa empezan a meterse o tema, a contar cousiñas na casa e a sentir curiosidade. Seguimos avanzando. Grazas por visitar o blog e facer o comentario.

      Eliminar
  6. De nada!!! Grazas a ti por toda a información 😊

    ResponderEliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...