Un 6 de xullo de 1907, naceu Frida Kahlo en Coyoacán (México). Así que hoxe, ela é a nosa personaxe do día. Unha pintora cun estilo moi personal, colorista, directo, que tivo unha vida difícil e dura que se percibe nas súas pinturas (algunhas delas expresan o seu sufrimento cunha claridade tal que ata costa admiralas desde un punto de vista artístico), pero que loitou por facer o que máis lle gustaba, e que acadou un lugar digno dentro da Historia da Arte.
Moitos de vos xa coñecedes as súas pinturas, verdade? Pensade cal é a vosa favorita e pensade que nos quería contar Frida con esa obra. Podedes escribir unha historia sobre o que vos suxire, ou facer a vosa propia versión plástica da mesma (debuxala ao voso xeito, facer unha versión en 3D -unha escultura con plastilina ou elementos de refugallo que teñades por casa-).
Aquí vos deixo algunhas das súas obras para recordala, algúns libros sobre ela, vídeos e unha visita virtual á súa casa azul.
¡ Disfrutade coa arte de Frida Kahlo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario