Chegou o día do Samhain, un día que ten que ver co final do verán, da época das colleitas, e o inico dunha nova tempada de escuridade, asimilada dalgún xeito coa morte. O feito de que faga frío, que haxa tormentas, que as árbores queden sin follas, que os animais se escondan nas súas covas, que a natureza entre nun estadio de adormecemento, todo isto daba pé a crear historias de medo, de espíritus que vagaban na escuridade, nese momento en que se unían o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.
En todas as culturas e tradicións, e tamén nas relixións de todo o mundo, a vida e a morte están presentes. E xogar cos nosos medos é moi habitual desde ben pequenos, pensade nos contos tradicionais, na presencia de lobos, ogros, bruxas, xigantes etc. que persiguen e queren comer aos nenos/as. Existe en nós unha atracción cara as historias que nos inspiran emocións fortes, que moitas veces non sabemos xestionar ben, pero queremos escoitalas aínda así, porque cando nos enfrentamos aos nosos medos a través das historias tamén estamos desenvolvemento a capacidade de superalos. Son temas moi complexos pero todos percibimos como xa desde pequeniños, os nenos e nenas se disfrazan de vampiros, de monstros e de bruxas e xogan a ser terrorificos, a perseguirse uns aos outros, a dar sustos e todo iso dentro dun contexto lúdico exento de maldade.
Pois ben, así queremos nós celebrar o Samaín, xogando cos noso medos, quitándolle importancia, facendo ver que somos fortes e invencibles, que non nos amilanamos ante eses personaxes que nos queren asustar. Mirade qué ben caracterizados chegaron os /as pementeiros/as ao cole, daban medo de verdade!
Guauuuu!!! Que terroríficos👻👻👻
ResponderEliminarqué bien lo pasaron!! tú acabaste reventada pero ellos venían encantados, al menos, Valentina... disfruta muchísimo todo lo que rodea a esta fiesta; veo muchísima actitud en las poses! realmente terroríficos jajaja
ResponderEliminarMaría
😂😂😂 Siiii, las fiestas son agotadoras porque ellos están acelerados y siempre hay más conflictos que un día normal, esos nervios a veces los canalizan con gritos y enfados... pero yo sé que lo pasan bien, a veces decían "¡Cómo mola Halloween!" y te hace gracia ver lo felices que son simplemente con un disfraz. Y luego es cierto que al tener que estar todo el rato desinfectando, estamos más estresadas porque no podemos dejarlos jugar libremente u ocupar el aula de psico, tenemos que organizarnos más y es un día de no parar. Pero, por supuesto, es necesario celebrar cosas, tener momentos de fiesta, de romper la rutina, ellos lo necesitan y nosotras no podríamos pasar el día por alto sin más. Aunque acabamos cansadas, acabamos contentas!!
Eliminar