Estamos xa a piques de rematar o mes de outubro e toca celebrar o Samaín, que como todos sabedes será o día 30. Como é un curso peculiar tamén faremos celebracións un tanto diferentes ás habituais. Por exemplo, non teremos Magosto o cal me dá un pouqiño de pena e o Samaín será un pouquiño menos terrorífico que outros anos seguramente. Así que aquí vos deixo as novas sobre ese día.
Como vedes, o equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias propón un concurso de cabazas decoradas co tema do proxecto anual: a cooperación, a colaboración, o traballo en equipo, a importancia da comunidade... xa sabedes UBUNTU. A ver qué ideas se vos ocurren. Como non podemos traer materiais da casa ao cole (ou viceversa) as cabazas "ubuntianas" non poderán expoñerse aquí no cole como viñamos facendo outros anos pero podedes enviar unha foto do voso traballo creativo á dirección de correo electrónico que aparece no cartel: extraescolarespadron@gmail.com ata o día 27 de outubro (se as enviades ao meu profetetedeinfantil@gmail.com tamén vale e xa as remito eu ao equipo sin problema).
O importante é que manteñamos parte do espíritu desta festa polo menos na familia, creando xuntos unha orixinal cabaza colaborativa co seu título correspondente.
¡Animádevos que hai premios!
Por outra banda, ese día os nenos e nenas poderán vir terroríficamente disfrazados pero é importante que non traian "accesorios" porque como sabedes non debemos intercambiar obxectos, andar tocando cousas que veñen das casas ou do exterior e os nenos/as como imaxinaredes vanse poñer a xogar cos accesrios, ou os deixan polo cole ou collen os que non lle corresponden... Evitemos ese contactos innecesarios. Se veñen co disfraz xa podemos disfrutar dun día diferente. Se optades por empregar maquillaxe recordade que van estar coa mascarilla co cal gran parteda cara non se lle vai ver, váiselle emborronar e ata seguramente lle provocará picor e molestias. Así que pensemos en pasalo ben pero tamén en estar o máis cómodos posibles e en evitar riscos.
Para empezar a disfrutar co Samaín, hoxe aprendemos un divertido poemiña que fala de oito fantasmiñas. Aquí vos deixo un slideshare coa poesía e un vídeo con algúns pementeiros/as recitándoa. Todos querían participar, pero non tiñamos versos para todos/as, así que faremos outra gravación para que todos/as poidan demostrarnos as súas dotes recitativas. Pasámolo moi ben porque nesta aula as poesías, as rimas, os xogos coas palabras e os ritmos están moi presentes e fan que xuntos botemos unhas risas. Espero que vos guste.
Por outra banda, tamén aproveito para contarvos que imos ter un día á semana dedicado especialmente aos hábitos saudables, así que ademais de practicar ioga imos merendar froita (pero só froita, non vai valer traer unha uva e cinco galletas, vale?, nin valen eses batidos de "froita", nin o bebible de fresa). Así pois,
os mércores serán moito mellores
co ioga e froitas de todas as cores
E que quero dicir con isto. Pois que é importante inculcar nos peques a necesidade de facer almorzos ou merendas máis saudables, deixando de vez en cando o consumo de productos envasados, moi procesados e con moitos azúcares engadidos e intentando consumir máis froitas e verduras. Así que é unha proposta para, desde a aula, animar aos peques a tomar froita polo menos un día á semana. por suposto será estupendo que traian froita moitos máis días, claro. Cadamércores que un neno/a merebde froita poderá poñer un gomet nun panel que temos na aula. O que non traia froita non terá gomet pero non pasa nada, por suposto non haberá ningún tipo de sanción nin nada similar. Simplemente estou tratando de darlle un pequeno incentivo aos que se animen a participar (e por suposto a comer a froita que traian, claro). Os nenos/as que consigan colocar todos os gomets levarán un premio ao final. Outra cousa que me gustaría é que se foran animando a probar e disfrutar de máis froitas e non so o plátano, porque moitas veces o cnsumo de froita vese reducido a consumo de plátano (que está ben que o tomen, porque é sabroso e cómodo para consumir no cole, pero que hai que "complementar" con máis froitas variadas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario