Cada mañán empezamos a xornada cantando e facémolo en castelán, en galego e ata en inglés. Antes de empezar os contos sempre cantamos unhaa canción moi animada e divertida, e... ¡chea de mentiras!. Escoitade, escoitade, a ver cantas mentiras descubrides...
Como vedes, temos que traballar un pouquiño máis a cuestión coral da interpretación, porque aínda temos certas dificultades para cantar todos a unha e para controlar un pouquiño os berros. Pero a verdade é que, o que non cabe dúbida, é que en xeral todo o grupo disfruta moito con esta canción e iso é fundamental para empezar ben o día.
Se queredes escoitar a canción enteira, e cantala na casa tamén, aquí a tedes:
Hoxe tamén cantamos outra canción que a min me gusta moito, moito: Octopus´s garden (creo que xa vos falei dela algún día). É unha bonita canción de Ringo Starr (un dos compoñentes do famosísimo grupo The Beatles) que ten unha fermosa historia detrás. Preguntádelle aos nenos/as cm se lle ocurreu a Ringo compoñer esa canción a ver se algún/a volo conta.
E se queredes escoitala enteira, aquí vos queda...
Noutra orde de cousas, David onte contounos que foi visitar un dos bits de intelixencia que vemos na aula. Eu xa me estaba emocionando pensando que fora ver a Gran Muralla China ou o Machu Pichu, pero non, foi un poquiño máis preto de Padrón. Foi coa súa familia a Santiago de Compostela e pudo ver, polo menos algún cachiño, a Catedral que estaba un pouco escondida detrás duns andamios porque a están arreglando e limpando un pouquiño. Aproveitamos para explicar, de paso, que moitas obras de arte hay que restauralas, arreglarlle pequenos ou grandes desperfectos, limpalas, para que se mostren en todo o seu esplendor e beleza.
Moitos nenos e nenas me contan que viron in situ algúns dos bits que vemos na aula. ¡Xenial! Agora, isto de viaxar está un pouco máis complicado pero temos cerquiña de nos cousas moi interesantes tamén para visitar e coñecer, así que se alguén visita algún importante monumento, edificio, obra de arte por aquí por Galicia, non dubidedes en compartilo connsoco.
Tamén nos contou cousas das abellas, explicounos que o seu avó fai unhas trampas para as velutinas porque son abellas que non son tan boas como as outras. E recordou con moita alegría cando, de pequeno, tivo a sorte de ver unha suricata.
¡Cómo me gusta ver que na casa tamén se aprenden cousas coa familia e o contentos/as que chegan os nenos/as ao cole para compartir as novedades cos compis! Grazas por todas as aportacións que facedes.
Pero en fin, tamén seguimos facendo actividades impresas, xogando e facendo yoga, relaxándonos coa música clásica, lavando as mans moitas veces etc.
Hoxe seguimos practicando o noso guerreiro, nas tres variantes: Virabhadrasana 1,2 e 3. E unha nova psoición: Purvottanasana, ou a postura do tobogán que lles saiu bastante ben.
¡Cantas cousas! E prontiño espero poder mostrarvos outra presentación dos pementeiros/as que estamos rematando de gravar xuntos. Creo que pode quedar ben.
Pues gracias al blog me entero de esta curiosidad de los pulpos, los jardines y la historia de por qué Ringo compuso la canción.
ResponderEliminarlas posturas de yoga las repetimos en casa porque le encantaron los tres guerreros..
y qué bien esos pementeiros viajeros que nos transportan a sitios tan chulos
María Basadre